Abrir o menú principal
Aiguilhe e capela de san Miguel sobre o picote volcánico

Aiguilhe é un pequeno concello (commune) francés, sito no departamento do Alto Loira e na rexión de Auverña, con 1 601 habitantes (2007) e unha área de 1,10 km2.

Índice

XeografíaEditar

Aiguilhe está localizado xusto ao lado de Le Puy-en-Velay, arredor dun picote volcánico -de aí o nome da localidade- de cerca de 150 m de altura desde a base, e sobre o cal se ergue a capela de san Miguel (Saint-Michel d'Aiguilhe). Está ao pé da Via podiensis, o camiño de Santiago que parte de Le Puy e áchase atravesada polo río Borne, afluente do Loira.

Sitios e monumentosEditar

Capela de san MiguelEditar

Sita na cima dun cono rochoso de orixe volcánica, é unha xoia arquitectónica. Accédese ao sitios por unha escaleira de 268 chanzos, mais a súa ascensión paga a pena. Foi erguida a inicios do século X polo bispo do Puy, Gotescalco, á volta da peregrinación a Santiago de Compostela (950-951), sobre o lugar que ocupaba un antigo templo romano adicado ao deus Mercurio. Foi inaugurada en 972. A fachada executada cun mosaico de pedra negra, gris vermella e branca, posúe unha portada trilobada de influencia mozárabe. Obras posteriores fixeron que a fachada date do século XIX na súa parte baixa e do século XII na parte alta, na cal se poden admirar figuras de san Xoán, da Virxe María, de Cristo, do arcanxo san Miguel e de san Pedro esculpidos en pedra baixo o portal trilobado.

No interior pódense admirar frescos do século X, restaurados en 2004, e tras dunha reixa un tesouro descuberto en ocasión dos traballos de restauración efectuados en 1955, e que comprende un cristo relicario de época carolinxia, un cofreciño de almafí, bizantino, do século XII e mais outro relicario do século XIII. As vidreiras foron substituídas cando esas obras.

A capela está arrodeada por un camiño de rolda que facilita unha linda vista da cidade de Le Puy coa súa catedral de Notre-Dame e da vella ponte que franquea o río Borne.

Galería fotográficaEditar

Ligazóns externasEditar