Parque Nacional de Aigüestortes i Estany de Sant Maurici

(Redirección desde «Aigüestortes»)

O Parque nacional de Aigüestortes i Estany de Sant Maurici foi creado en1996 e é o único parque nacional español situado na comunidade autónoma de Cataluña.

Lago glaciar en Aigüestortes

Está situado na parte central dos Pireneos repartido entre catro comarcas pirenaicas: a Alta Ribagorça, o Pallars Sobirà, o Pallars Jussà e o Val de Arán, na provincia de Lleida, abarcando, no seu parte central, territorio dos termos municipais de Espot e La Vall de Boí.

Presenta dúas áreas: a oriental, de clima continental e regada polos afluentes do Noguera Pallaresa, que alimentan o lago de Sant Maurici, e a occidental (Aigüestortes), de clima atlántico de alta montaña e bañada polos tributarios do Noguera Ribagorzana.

A xeografía do parque é de alta montaña porque gran parte do territorio excede os 1.000 msnm, con picos que superan os 3.000 msnm. Abundan os lagos de orixe glaciar cuaternario. Destacan, entre todos, dous vales: ao oeste o val do río San Nicolás, cos seus característicos prados e meandros dos que provén o nome de "Aigüestortes" (augas tortuosas). Ao leste o val de río Escrita co lago de Sant Maurici.

O parque ten un gran valor biolóxico. Os grandes desniveis que presenta orixinan os diferentes ecosistemas: prados, cultivos e bosques caducifolios nas cotas máis baixas, bosques de folla perenne nas cotas medias, e prados e rocas de alta montaña nas cotas máis altas. Dado que desde hai anos foi un espazo protexido e o seu acceso relativamente inaccesible, preservou a flora e a fauna nun estado bastante salvaxe. A pesar de todo, a pegada do home é inevitable e o parque aínda está explotado polo gando, o turismo e as centrais hidroeléctricas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar