Abrir o menú principal

Aida Fernández Ríos, nada en Vigo en 1947 e finada en Moaña o 22 de decembro de 2015,[1] foi unha bióloga galega, membro da Real Academia Galega de Ciencias.

Aida Fernández Ríos
Aída Fernández Ríos.jpg
Nome completoAída Fernández Ríos
Nacemento4 de marzo de 1947
 Vigo
Falecemento22 de decembro de 2015
 Moaña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónbiólogo marinho e climatologista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou na Escola de Comercio de Vigo e traballou na súa mocidade nunha imprenta. Posteriormente comezou a traballar como axudante no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, o que a levou a estudar de novo e a licenciarse en Bioloxía pola Universidade de Santiago.

Incorporouse de novo ao Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, do que foi a súa directora entre 2006 e 2011. O seu labor investigador centrouse nos niveis de dióxido de carbono no mar, en particular do causada polo ser humano, e polos niveis de acidez dos océanos. En 2015 ingresou na Real Academia Galega de Ciencias, na súa sección de Bioloxía, e no seu momento foi a terceira muller que ingresaba, logo de María José Alonso e de Alicia Estévez.

Vida persoalEditar

Faleceu atropelada en Moaña[2].

NotasEditar