Ahmad Massoud

político afgán

Ahmad Massoud (en dari : احمد مسعود), nado en Piyu o 10 de xullo de 1989, é un político afgán, fillo de Ahmad Shah Massoud, líder militar da resistencia contra a invasión soviética. Dirixe a Fundación Massoud en novembro de 2016. Logo da entrada en Cabul dos talibáns en agosto de 2021, Ashmad Massoud púxose á fronte da resistencia armada do val do Panjshir.[1]

Infotaula de personaAhmad Massoud

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fa) احمد مسعود Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xullo de 1989 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
Panjshir (República Democrática do Afeganistão) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAfganistán Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo taxico Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
EducaciónReal Academia Militar de Sandhurst (pt) Traducir
King's College de Londres Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , director executivo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2021 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorMassoud Foundation (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Interesado enCiência militar (pt) Traducir e militar (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarInfantaría Editar o valor em Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)Fronte Nacional de Resistencia Editar o valor em Wikidata
ConflitoOfensiva talibá de 2021, Conflito de Panjshir (pt) Traducir e guerra do Afeganistão (2015-2021) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiAhmad Shah Massoud Editar o valor em Wikidata
ParentesAhmad Zia Massoud (pt) Traducir (tío)
Ahmad Wali Massoud (en) Traducir (tío) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm13045618 Facebook: ahmadmassoud1 Twitter: AhmadMassoud01 Instagram: ahmadmassoud_af Youtube: UC6OajD8Yuwba24lLi7bOwPg Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mocidade editar

De orixe étnica taxica, Ahmad Massoud naceu o 10 de xullo de 1989 en Piyu na provincia de Takhar no nordeste de Afganistán.[2]

Logo de rematar os estudos secundarios en Irán, trasladouse o Reino Unido para facer os estudos universitarios. Primeiro, Massoud fixo un curso na Real Academia Militar de Sandhurst.[3] Tras isto, entre 2012 e 2015, fixo estudos sobre guerra no King's College de Londres, obtendo o título de licenciado (bachelor degree). Completou a súa formación cun máster en política internacional na Universidade da Cidade de Londres en 2016.[4][5][6]

Vida pública editar

Massoud retornou a Afganistán e, en 2016, foi nomeado director da Fundación creada para conservar o legado do seu pai.[7][8][9]

En marzo de 2019, Massoud entrou oficialmente en política.[10][11][12][13] En setembro de 2019 foi aclamado polos seguidores do seu pai como o seu sucesor nun acto diante do mausoleo de Ahmad Shah Massoud no val do Panjshir.[14] Defendeu a proposta do seu pai que propuxo o modelo suízo para Afganistán, considerando que a descentralización administrativa e a cesión de poder de Cabul ás provincias permitiría administrar máis eficientemente os recursos, facilitando a prosperidade e a estabilidade do país.[15]

Ademais, Massoud expresou as súas dúbidas sobre a dirección que tomaba o proceso de proceso de paz de Afganistán en 2019, obxectando que non se estaban a respectar os intereses dos afgáns.[16] En setembro dese ano anunciou a creación dunha nova coalición inspirada na Alianza do Norte que resistiron fronte os talibáns na década de 1990.[17] En marzo de 2021, grazas a unha conmemoración ao seu pai en París. coñeceu o presidente de Francia, Emmanuel Macron, nunha reunión na que tamén participou o filósofo Bernard-Henri Lévy.[18][19]

Resistencia fronte os talibáns editar

En 2021, ante retirada das tropas dos Estados Unidos, creou unha milicia, chamada Segunda Resistencia, que axudara as forzas de seguridade afgás contra os talibáns.[20][21] No verán de 2021, os talibáns fixéronse co control da práctica totalidade do país conseguindo entrar en Cabul o 15 de agosto. Tras o colapso do goberno, Massoud, canda o vicepresidente Amrullah Saleh, anunciou a súa vontade de loitar contra o dominio talibán dende a zona controlada polo primeiro, o val do Panjshir.[22][23] O 18 de agosto de 2021, nun chamamento internacional pediu a axuda loxística e militar aos países occidentais para a resistencia, agora denominada Fronte Nacional de Resistencia.[24][25] Con escepticismo, algúns analistas internacionais consideraron que isto era máis intento por influír nas negociacións cos talibáns que unha tentativa real de oposición armada.[26] O 22 de agosto de 2021, Massoud advertiu aos talibáns de que a negociación era o "único camiño",[27] aínda que tamén reafirmou a súa vontade de loita se os talibáns non aceptaban un goberno plural.[28] Ese mesmo día os talibáns fixeron público que centos dos seus soldados ían camiño do Panjshir para facerse co control da zona.[29]

Entre finais de agosto e principios de setembro de 2021, houbo enfrontamentos armados entre os talibáns e as tropas lideradas por Massoud.[30] Paralelamente, Massoud comunicou de novo a súa disposición para dialogar a principios de setembro.[31] Con todo, o 6 de setembro de 2021 os talibáns proclamaron a conquista do val do Panjshir. Massoud e os seus aliados políticos abandonaran o Panjshir antes do control talibán con destino a Taxiquistán.[32] Este país centroasiático emerxeu como o centro da resistencia antitalibá logo da fin do conflito armado centrando os seus esforzos en organizarse politicamente.[33][34]

Notas editar

  1. ""Nous, Afghans, n'avons même pas vraiment perdu de bataille, puisque Kaboul ne s'est pas battue"". LExpress.fr (en francés). 2021-08-16. Consultado o 2021-08-19. 
  2. "Resistance in Afghanistan: Will Amrullah Saleh Be Able To Ward Off Taliban". india.com. Consultado o 20-8-2021. 
  3. "Son of slain Afghan resistance hero Ahmad Shah Massoud enters political fray". RFI (en inglés). 2019-09-06. Consultado o 2021-08-19. 
  4. Chaon, Anne (2016-09-02). "Lion of Panjshir’s son ready to take up his Afghan destiny". DAWN.COM (en inglés). Consultado o 2021-08-19. 
  5. hermesauto (2019-08-28). "Son of famed Afghan commander Massoud steps into spotlight". The Straits Times (en inglés). Consultado o 2021-08-19. 
  6. "Lion of Panjshir: Ahmad Shah Masood's son ready to take up his Afghan destiny". The Express Tribune (en inglés). 2016-09-01. Consultado o 2021-08-19. 
  7. "'My father was the first to negotiate with the Taliban'". 'My father was the first to negotiate with the Taliban' (en inglés). Consultado o 2021-08-19. 
  8. Malejacq, Romain (2020-01-15). Warlord Survival: The Delusion of State Building in Afghanistan (en inglés). Cornell University Press. ISBN 978-1-5017-4643-7. 
  9. "Board of Directors". Massoud Foundation (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2021. Consultado o 2021-08-19. 
  10. "Heir to Lion of Panjshir returns to reunite his father’s followers" (en inglés). ISSN 0140-0460. Consultado o 2021-08-19. 
  11. Meuse, Alison Tahmizian (2019-09-05). "Afghanistan: Ahmad Massoud seizes father’s torch". Asia Times (en inglés). Consultado o 2021-08-19. 
  12. "Taliban seeks to share power in Afghanistan's government, but will ethnic groups approve?". PBS NewsHour (en inglés). 2019-12-14. Consultado o 2021-08-19. 
  13. "Son of famed Afghan resistance fighter launches new political movement". Canadian Broadcasting Company News. 
  14. "Ahmad Massoud Declared As His Father’s Successor". TOLOnews (en inglés). Consultado o 2021-08-19. 
  15. "Ahmad Massoud: 'decentralisation is the solution', son of Afghan national hero says". The National. Consultado o 2021-08-19. 
  16. Mackenzie, James (2019-09-06). "Son of Afghan resistance hero criticizes 'secretive' U.S. Taliban deal". Reuters (en inglés). Consultado o 2021-08-26. 
  17. "Son of famed Afghan resistance fighter launches new political movement". Consultado o 20-8-2021. 
  18. Mathieu, Luc. "Ahmad Massoud, Afghan de velours". Libération (en francés). Consultado o 2021-08-26. 
  19. "Palais de l’Elysée, entretien avec Emmanuel Macron et Ahmad Massoud, le 26 mars 2021 : Bernard-Henri Lévy". bernard-henri-levy.com. Consultado o 2021-08-26. 
  20. "Afghanistan’s Anti-Taliban Stronghold Gears Up For New Fight Against Militants". RFE/RL (en inglés). Consultado o 2021-08-19. 
  21. Zucchino, David; Faizi, Fatima (2021-06-22). "Attacked and Vulnerable, Some Afghans Are Forming Their Own Armies". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2021-08-19. 
  22. "Afghan envoy says hold-out Panjshir province can resist Taliban rule". Reuters (en inglés). 2021-08-18. Consultado o 2021-08-19. 
  23. "An anti-Taliban front forming in Panjshir? Ex top spy Saleh, son of 'Lion of Panjshir' meet at citadel - The Week". www.theweek.in. Consultado o 2021-08-19. 
  24. Babur, Hugh Tomlinson, Humayoon. "Afghan resistance leader appeals to West for weapons and help" (en inglés). ISSN 0140-0460. Consultado o 2021-08-19. 
  25. "Afghanistan: Ready to take on Taliban, requests US for weapons, says National Resistance Front leader Ahmad Massoud". Consultado o 20-8-2021. 
  26. "Afghan holdout will struggle against Taliban assault, say analysts". France 24 (en inglés). 2021-08-20. Consultado o 2021-08-22. 
  27. "Anti-Taliban leader Massoud says negotiation only way forward". Reuters (en inglés). 2021-08-22. Consultado o 2021-08-22. 
  28. "Taliban will face resistance if they try to seize Panjishir valley: Ahmad Massoud". Al Arabiya English (en inglés). 2021-08-22. Consultado o 2021-08-22. 
  29. "Taliban says 'hundreds' of fighters head for holdout Panjshir Valley". The Economic Times. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2021. Consultado o 2021-08-22. 
  30. Diario, Nós. "Os primeiros combates no val de Panjshir deixan sete soldados talibán mortos". Nós Diario. Consultado o 2021-10-16. 
  31. Reuters (2021-09-05). "Afghan opposition leader Massoud says he is ready for talks with Taliban". Reuters (en inglés). Consultado o 2021-10-16. 
  32. Cole, Matthew; Klippenstein, Ken (2021-09-21). "Afghan Resistance Leaders, Long Backed by CIA, Have Fled Following Taliban Takeover". The Intercept (en inglés). Consultado o 2021-10-16. 
  33. "Afghan resistance has sanctuary in Tajikistan, but fighting Taliban a ‘non-viable prospect’". France 24 (en inglés). 2021-10-04. Consultado o 2021-10-16. 
  34. O’Donnell, Lynne. "Afghan Resistance Mulls Formation of Government in Exile". Foreign Policy (en inglés). Consultado o 2021-10-16.