Agusta A.106
O Agusta A.106 foi un helicóptero lixeiro monopraza deseñado para proporcionar unha plataforma de guerra antisubmarina (ASW) aos destructores da clase Impavido da Armada de Italia. O aparello tiña un sofisticado conxunto de electrónicas de Ferranti para autoestabilización e identificación de contactos. Podían colgarse dous torpedos baixo a fuselaxe. A cola e o rotor principal de dúas pás pedían dobrarse para ser gardados a bordo, e os patíns do tren de aterraxe podían levar bolsas de flotación.
Agusta A.106 | |
---|---|
![]() | |
Tipo | helicóptero lixeiro de guerra antisubmarina |
Fabricante | Agusta |
Primeiro voo | novembro de 1965 |
Retirado | 1973 |
Principais usuarios | Armada de Italia |
Unidades construídas | 2 |
Fabricáronse dous prototipos, o primenrio deles voando en novembro de 1965. Un lote de preprodución de 5 helicópteros foi cancelado pola Armada en 1973.
Operadores Editar
- Armada de Italia (Marina Militare) só para a súa avaliación
Especificacións Editar
Datos de Jane's All The World's Aircraft 1969-70[1]
Características xerais
- Tripulación: un piloto
- Lonxitude: 8 m
- Altura: 2,5 m
- Peso baleiro: 590 kg
- Peso bruto: 1 400 kg
- Planta de potencia: 1 × Turbomeca-Agusta TAA.230 de 300 cabalos
- Diámetro do rotor principal: 9,50 m
- Área do rotor principal: 70,9 m2
Rendemento
- Velocidade máxima: 176 km/h (109 mph, 95 kn)
- Alcance: 740 km (460 mi, 400 nmi)
- Aguante: 4 horas e 30 minutos
- Teito de servizo: 3 000 m
- Ritmo de ascenso: 6,2 m/s
Armamento
- 2 × torpedos Mk.44 ou
- 10 × cargas de profundidade ou
- 2 × metralladoras de 7,62 mm e 10 foguetes de 80 mm
Notas Editar
- ↑ Taylor 1969, p.124
Bibliografía Editar
- Taylor, John W.R. (1969). Jane's All The World's Aircraft 1969-70. London: Jane's Yearbooks.