Agustín Hernández

político galego

Agustín Hernández Fernández de Rojas, nado en Madrid o 31 de marzo de 1961, é un enxeñeiro de camiños, canles e portos pola Universidade Politécnica de Madrid e ademais un político galego do PPdeG.

Infotaula de personaAgustín Hernández

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de marzo de 1961 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Santiago de Compostela
2014 – 2015
← Ángel Currás FernándezMartiño Noriega → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: Agustin_Stgo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi Director Xeral de Obras Públicas desde 1998 ata 2005. Foi elixido deputado por Pontevedra no parlamento de Galicia nas eleccións de 2009 polo Partido Popular, cando o partido liderado por Alberto Núñez Feijóo acadou o goberno da Xunta de Galicia. Hernández foi designado para ocupar o cargo de conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Cesou no cargo en xuño de 2014 para ser alcalde de Santiago de Compostela trala dimisión da práctica totalidade do equipo de goberno municipal do PPdeG por corrupción e haber concorrido en 2011 pechando a candidatura da súa formación. Desta maneira conformou un goberno con varios edís non electos, tras agotala práctica totalidade dos suplentes da candidatura. Encabezou a candidatura do PPdeG nas eleccións municipais de 2015 e perdeu a alcaldía en favor do candidato de Compostela Aberta Martiño Noriega, tras pasala ser a segunda forza por detrás desta formación. Durante este mandato asumiu a portavocía do grupo municipal, foi deputado provincial e asumiu a presidencia local do PPdeG en Santiago. Encabezou novamente a candidatura popular nas eleccións municipais de 2019 e volveu a ser derrotado, nesta ocasión polo socialista Xosé Sánchez Bugallo. En setembro de 2019 renunciou aos seus cargos no concello e no comité local do partido en Santiago, pasando a asumila presidencia do Consello Económico e Social de Galicia. En setembro de 2023 anunciou a súa dimisión.

En 1985 participou como enxeñeiro na construción do encoro de Santa Uxía, que imposibilitou durante vinte e cinco anos que o río Xallas desembocase no mar na fervenza do Ézaro. A raíz dunha denuncia do grupo ecoloxista AMS-Ríos con Vida, o propio Hernández resolveu en abril de 2011, sendo conselleiro de Medio Ambiente, impoñer un caudal ecolóxico a empresa FerroAtlántica na fervenza do Ézaro.[1]

Vida persoal editar

Está casado e ten tres fillos.


Predecesor:
María Xosé Caride
  
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
 
2009 - 2014
Sucesor:
Ethel Vázquez
Predecesor:
Ángel Benito Currás Fernández
  
Alcalde de Santiago de Compostela
 
2014 - 2015
Sucesor:
Martiño Noriega Sánchez

Notas editar

Véxase tamén editar