Agustín Elduayen
Agustín de Carlos Elduayen, coñecido futbolisticamente como Elduayen, nado en Donostia o 4 de agosto de 1964, é un exfutbolista español que xogaba de porteiro. Formado na canteira da Real Sociedad, debutou con este club na Primeira División e compartiu equipo co histórico Arconada, antes de fichar polo Atlético de Madrid en 1986. Destacou especialmente no Real Burgos, no que xogou tres anos, sendo elixido mellor xogador da Primeira División na tempada 1991/92. Máis tarde militou no Deportivo da Coruña e o Real Valladolid, onde apenas puido xogar debido ás súas continuas lesións.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 4 de agosto de 1964 ![]() Donostia, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarComezos
editarFillo de navarros, súa nai era natural de Lumbier, no Meiriñado de Sangüesa, preto do pobo de seu pai.[1] A parella instalouse en Guipúscoa, onde naceron os seus tres fillos, facéndoo Agustín en Donostia. Criado en Olaberria, comezou a xogar ao fútbol no club do seu pobo, onde coincidiu co seu irmán maior e co futuro internacional Txiki Begiristain.[1]
Real Sociedad
editarAínda que se iniciou como lateral esquerdo, axiña pasou a ocupar a posición de gardameta e en idade xuvenil foi fichado xunto ao seu irmán pola Real Sociedad para a súa canteira, ingresando este no primeiro equipo xuvenil e Agustín no segundo, o Easo.[1] No seu segundo ano pasou directamente ao Sanse, co que debutou na Segunda División B na tempada 1981/82. Na súa segunda campaña no filial fíxose coa titularidade e sumou 58 partidos oficiais nos seguintes dous anos.
O 11 de decembro de 1983 debutou con 19 anos co primeiro equipo da Real Sociedad na Primeira División, nun partido contra Osasuna en Atotxa, aproveitando unha lesión do gardameta titular, o histórico Arconada.[2] Ocupou a portería da Real durante as seguintes xornadas, ata a recuperación de Arconada, e estivo á sombra deste durante toda a tempada 1984/85. Na primeira xornada da campaña 1985/86, Arconada sufriu unha grave lesión ante o Celta de Vigo, ao romper o ligamento cruzado anterior e o menisco externo do xeonllo dereito, o que o mantivo afastado dos terreos de xogo durante meses.[3][4] Isto permitiulle a Elduayen recuperar a titularidade, aínda que tivo que competir polo posto con José Luis González.[5] Disputou un total de 38 encontros co primeiro equipo donostiarra.
Atlético de Madrid
editarDebido á prometedora carreira que se lle prevía recibiu varias ofertas, entre elas unha do Atlético de Madrid. A pesar da súa reticencia a saír do seu País Vasco natal, as fichaxes dos tamén vascos Julio Salinas, Peio Uralde e Rubén Bilbao animárono a aceptar a proposta do club presidido por Vicente Calderón, ao que chegou antes do inicio da tempada 1986/87.[1] Comezou a pretempada ás de Luis Aragonés, pero este renunciou ao cargo de adestrador pouco despois, sendo substituído por Vicente Miera. Este confiou en Elduayen para a portería dende a primeira xornada, por diante de Abel Resino e Mejías, ata que unha lesión o afastou dos terreos de xogo no treito final da campaña, que pechou con 33 partidos.
Durante o tempo que Elduayen pasou lesionado, Abel asentouse na titularidade na portería do Calderón, da que xa non saíu durante os seguintes tres anos, nos que o gardameta vasco só puido xogar de xeito esporádico.[6] Pechou o seu paso polo Atlético no verán de 1990, con 44 partidos oficiais disputados.
Real Burgos
editarTrala súa saída do Atlético fichou polo Real Burgos, que acababa de ascender a Primeira. Alí conseguiu facerse cun oco no once inicial, desprazando da titularidade ao gardameta galego Bastón, histórico capitán e símbolo do club.[1] Secundado por destacados defensas como Villena ou José Luis Ribera, e da man do técnico Novoa, o Burgos realizou as dúas mellores campañas da súa historia, chegando a quedar preto de clasificarse para competición europea.[1] Na tempada 1991/92 disputou completos os 38 partidos de liga, encaixando só 43 goles, e recibiu o premio Don Balón ao mellor xogador da liga.
Deportivo da Coruña
editarTralo descenso do Burgos en 1993, o club non era quen de asumir o seu salario en Segunda, polo que optou por traspasalo ao Deportivo da Coruña por só 15 millóns de pesetas, un prezo moi inferior á valoración do xogador naquel entón.[7] Con todo, só uns días despois da súa chegada á Coruña rompeu o ligamento cruzado anterior e o menisco do seu xeonllo dereito durante un adestramento, polo que tivo que ser operado por Rafael Arriaza en agosto e de novo en novembro.[8][9] Deste xeito perdeu toda a tempada, na que o seu equipo conseguiu un histórico subcampionato de liga.
Tras un longo período de recuperación puido debutar co Deportivo en febreiro de 1995, un ano e medio despois da súa fichaxe, ante o Lleida en Riazor, nun partido correspondente á Copa do Rei que o seu equipo acabaría conquistando. O cántabro Paco Liaño continuou como primeiro porteiro do equipo ata que se lesionou nun partido contra o Valladolid en abril dese ano, momento no que Elduayen pasou a ocupar a titularidade na portería galega. Con todo, só dúas semanas despois, nun encontro ante o Sevilla no Sánchez Pizjuán, tamén el caeu lesionado, ao chocar fortuitamente co seu compañeiro Paco Jémez e recaer da súa lesión de xeonllo.[10][1] Foi o seu cuarto e derradeiro partido co Deportivo, no que permaneceu unha terceira campaña na que non puido disputar ningún minuto.
Real Valladolid
editarEn 1996 fichou polo Real Valladolid, onde continuaron os seus problemas físicos, o que sumado á dura competencia de César Sánchez, fixo que xogase só cinco partidos en tres anos.
Selección española
editarFoi internacional coas seleccións españolas sub-16 e sub-21. Con esta última proclamouse campión de Europa en 1986. En febreiro de 1992, convertido nun dos xogadores máis queridos pola afección do Real Burgos, foi convocado por Vicente Miera para xogar coa selección española un amigable ante a selección da CEI, herdeira da desaparecida Unión Soviética, aínda que non chegou a debutar.[11]
Trala retirada
editarTrala súa retirada en 1999, regresou a Galicia e instalouse en Oleiros xunto á súa muller e as súas dúas fillas. Durante un tempo xogou no equipo de veteranos do Deportivo da Coruña de fútbol indoor, equipo co que gañou dous Campionatos de Liga en 2008 e 2010, e dúas Copas de España nos mesmos anos.[1] Tamén rexentou xunto a un socio unha cafetería na avenida de Arteixo da Coruña, chamado Café de Carlos, e estudou hostalaría durante dous anos.[12][1]
Tras coñecer a José Luis Vara interesouse polo fútbol base e traballou durante 20 anos en Carballo, nas categorías inferiores do Bergantiños e nas escolas Luis Calvo, así como na Escola de Porteiros Nordés que creou xunto a Óscar Rama Castiñeiras ("Trucho").[1][13] Tamén exerceu como adestrador do San Lourenzo de Berdillo en Primeira Autonómica.[1]
Palmarés
editar- Deportivo
- España sub-21
- Eurocopa sub-21: 1986.
Individual
editar- Premio Don Balón – Mellor xogador español: 1992
Notas
editar- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 DxT Campeón (11 de febreiro de 2025). Entrevista a Elduayen, el portero del Superdepor que se quedó en A Coruña. (Podcast) (en castelán).
- ↑ "Sólo por un gol ganó la Real Sociedad al Osasuna". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de decembro de 1983. p. 20.
- ↑ Reizabal, Gorka (28 de xaneiro de 1986). "Arconada vuelve a los entrenamientos". El País (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2025.
- ↑ Fernández, Miguel Ángel (20 de marzo de 2019). "Luis Arconada, el portero que inspiró a varias generaciones". As (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2025.
- ↑ Lasa, Gaizka (16 de xuño de 2019). "Más de una década de sequía para los porteros locales, desde Asier Riesgo" (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2025.
- ↑ "Un Atlético con aires del norte" (en castelán). 1 de agosto de 2023. Consultado o 12 de febreiro de 2025.
- ↑ "El Deportivo pagó 15 millones al Burgos por Agustín Elduayen". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de agosto de 1993. p. 42.
- ↑ "La portería del Deportivo tiene «gafe» en la pretemporada". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de agosto de 1993. p. 94.
- ↑ "Elduayen se resintió de su lesión y será baja toda la temporada". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de novembro de 1993. p. 45.
- ↑ "Elduayen dice prácticamente adiós a la temporada al ser baja de 4 a 6 semanas". La Voz de Galicia. 16 de maio de 1995. p. 47.
- ↑ "Miera prescinde de Martín Vázquez porque cree que ya no es básico en la selección". El País (en castelán). 15 de febreiro de 1992. Consultado o 12 de febreiro de 2025.
- ↑ Portabales, Pablo (3 de agosto de 2014). "Elduayen: «Se acuerdan de mí cuando ven 'Ocho apellidos vascos'»" (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2025.
- ↑ Rodríguez, Melissa (13 de xaneiro de 2020). "Elduayen y Trucho: «Temos nenos adestrando coa escola dende Muros ata Ferrol e Arzúa»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2025.