Lingua agul

lingua
(Redirección desde «Agul»)

O agul (агъул чIал) é unha lingua caucásica do grupo lezguio, falada no Daguestán (unha república de Rusia) e tamén en Acerbaixán.

Agul
агъул чӀал
Falado en: Rusia, tamén falada no Acerbaixán
Rexións: Sur do Daguestán, norte de Acerbaixán
Total de falantes: 17.373 (censo do 1989)
Familia: Caucásica nororiental
 Lezguio
  Agul
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: agx
ISO 639-3: agx
Mapa
Status

Distribución xeográfica editar

Habitan catro vales de alta montaña: Aguldere, Gushandere, Magudere e Khyukdere, que constitúen a rexión agul do Daguestán. As montañas entorpecen a comunicación entre as aldeas agul e co resto dos seus veciños o que favoreceu a diferenciación entre as falas agul. En 1936 a construción da autoestrada Tpoig-Kasumkent puxo fin á incomunicación dos agul.

Falantes editar

En 1989 no territorio da URSS había 18.740 aguls, dos que o 95% falaban a lingua. Os agul aséntanse en 21 auls dos distritos Agul (16 auls) e Kurakh (5 auls). Tpig é o maior asentamento agul, outros asentamentos son Richa, Khoredzh, Dulgul, Misi, Burkikhan, Durushtul, Fite, Jarkug, Kurag, Khudig, Arsug, Burchshag, Tsirkhe, Bedyuk, Khveredzh, Ukuz, Usug, Kvardal, Khpyuk e Goa. En total viven 12.000 agul. En ningunha comunidade agul hai perda lingüística. Hai comunidades agul importantes en Makhachkala e Derbent, pero só unha parte fala a lingua.

Dialectos editar

Agul, Kere e Koshan

Escrita editar

En 1907 Dirr publica Агульский язык, o primeiro estudo da lingua. Durante a época soviética estudábase en lezgio ata 1953 ao tomar o ruso o seu lugar. Non se tentou dotar o agul dunha lingua literaria, e por motivos pedagóxicos empregáronse os alfabetos xeorxiano, latino e cirílico, aínda que por volta de 1920 discutiuse a posible creación dunha escrita agul, pero debido ao reducido tamaño da comunidade agul, á ausencia de persoal preparado e ao desinterese das autoridades nunca se realizou, e non foi ata 1990 cando os irmáns Mazanayev crearon unha escrita propia para a lingua, e en 1992 Gasanov publicou os primeiros libros de texto en agul. En 1995 adoptouse oficialmente a escrita creada polos irmáns Mazanayev, baseada no alfabeto cirílico.
En 1992 comezou a darse a materia de lingua materna nas escolas agul.

Literatura editar

A literatura actual agul componse sobre todo de poesía publicada en folletos e publicacións locais, os principais autores son Kamaldina Akhmedov, Fatkuly Dzhamalova, Abu Muslima Mutov, Sheriff Sherifov, Gadzhi Alkhasova, Gabibuly Omarova e Raisat Ramazanovoy.
Existe un xornal agul, Агъулариин хабарар (Heraldo agul) e timidamente comezan a se publicar libros.

Historia editar

A máis antiga referencia aos agul ven nunha fonte armenia do século VII, o territorio dos agul foi conquistado polos árabes, mongois-tártaros, turcos e rusos a pesar do seu illamento.

Os agul de Aguldere estableceron a súa propia comunidade independente, territorial e politicamente, ata que foi incorporada ao Khanato de Kasikumukh nos século XVII, outras comunidades non tiveron autogoberno, estaban suxeitas a señores feudais aos que pagaban taxas.
En 1813 o territorio agul foi incorporado por Rusia dentro do Khanato de Kürin, transformándose no distrito de Kürin.
Entre 1920 e 1950 a poboación diminuíu, pero dende 1950 recuperouse de novo.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar