Agrupación de Electores de Redondela
A Agrupación de Electores de Redondela (AER), é unha agrupación política de ámbito municipal do concello pontevedrés de Redondela. Fundouse no ano 2011, presentándose ese mesmo ano ás eleccións municipais e acadando un concelleiro. No ano 2015 presentouse de novo ás eleccións municipais conseguindo 4 concelleiros.
Agrupación de Electores de Redondela (AER) | |
---|---|
Agrupación política de Redondela, Galicia | |
Dirixentes e organización | |
Líder | asemblea |
Historia | |
Fundación | 2011 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | esquerda, asemblearismo |
Representación | |
Concelleiros | 1 / 21 |
Outros datos | |
Na rede | |
aeredondela.com | |
Traxectoria
editarAER naceu en 2011 como alternativa localista aos partidos existentes, tal e como definiron nun dos seus comunicados fundacionais.
Somos unha agrupación de cidadáns indignad@s coa situación política actual e que non nos viamos reflectid@s en ningún dos partidos políticos presentes en Redondela.
Nas eleccións municipais de 2011, presentáronse á alcaldía con Jorge Varela Couñago ("Chopi") como cabeza de lista. Neses comicios obtiveron 832 votos (un 5,25% do total), conseguindo un concelleiro. Malia acadar só un edil, o resultado desas eleccións permitiu truncar a maioría absoluta do Partido Popular, convertendo a AER na chave de goberno. AER abstívose na investidura cumprindo a súa promesa de non pactar con ningún partido político; co que gobernou o Partido Popular, que acadou máis votos que PSOE e BNG xuntos e obtivo os mesmos edís que a suma de PSOE e BNG.
Nas eleccións municipais de 2015 volvéronse presentar á alcaldía con Ricardo Figueroa Rodríguez como cabeza de lista. Lograron acadar 4 concelleiros tras sumar 2847 votos (17,8% do total).
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- "AER dirixe o seu propio camiño", artigo en La Voz de Galicia, 30/1/2015 (en castelán).