Agrupación Deportiva Unión Adarve

A Agrupación Deportiva Unión Adarve é un equipo de fútbol español do barrio do Pilar da cidade de Madrid. Fundouse en 1992 e compite na Segunda División B. Ademais, a nivel formativo conta con máis de 30 equipos en diferentes categorías masculinas e femininas do fútbol base da Comunidade de Madrid.

Unión Adarve
NomeAgrupación Deportiva Unión Adarve
Fundación1992
EstadioPolideportivo Municipal Vicente del Bosque,
Madrid, España España
Capacidade1.000
PresidenteEspaña Luis Gómez
AdestradorEspaña Víctor Cea
Liga2ªB – Grupo 1
2016–17 ()
Na rede
https://www.unionadarve.com/
Titular
Alternativo

Historia editar

A actual Unión Adarve foi fundada mediante a fusión de dous clubs do barrio do Pilar: a Agrupación Deportiva y Cultural Adarve, creada en 1992 por un grupo de pais, e a Unión Deportiva Barrio del Pilar, xurdida á súa vez de axuntar outras entidades de fútbol afeccionado do distrito de Fuencarral-El Pardo.​ Nos primeiros anos centrou a súa actividade no fútbol formativo madrileño, tanto en categoría sénior como nas diferentes divisións inferiores.

O debut do primeiro equipo en Terceira División tivo lugar na tempada 2007/08, ao ocupar a praza do desaparecido Club Deportivo Cobeña como mellor clasificado de Rexional Preferente. Con todo, esa experiencia saldaríase cun descenso como pechacancelas. A entidade non volvería a esa categoría ata o ano 2011/12, nesta ocasión como subcampión do grupo I no curso anterior, baixo a dirección de Lolo Escobar.​ O Unión Adarve asegurou a permanencia nese regreso, e a pesar de contar con escasos medios foi capaz de meterse en dúas promocións de ascenso a Segunda B: en 2013, na que foi eliminado polo Tropezón, e en 2014, na que foi eliminado polo Orihuela.

A partir de 2014, o banco roxinegro foi asumido por Víctor Cea, quen logrou a presenza na fase de ascenso por terceiro ano consecutivo. En todo ese tempo o equipo mantivo unha estrutura de equipo afeccionado, na que futbolistas e corpo técnico compaxinaban os seus cargos con outros empregos. Na tempada 2016/17, o Unión Adarve volvería meterse en playoff, e ao cuarto intento conseguiu un histórico ascenso á Segunda División B. Despois de deixar atrás ao Vilafranca e ao Tarazona, impúxose na última eliminatoria ao Atlético Malagueño para certificar o ascenso.

Uniforme editar

  • Uniforme titular: Camiseta negra e vermella, pantalón branco e medias negras.
  • Segundo uniforme: Camiseta verde, pantalón negro e medias verdes.

Estadio editar

O Unión Adarve disputa os seus partidos como local no Polideportivo Municipal Vicente del Bosque, unha instalación municipal xestionada polo concello de Madrid que non permite o lucro de entidades privadas, polo que o Unión Adarve non pode cobrar entrada a ningún espectador nos seus partidos como local. O campo de fútbol é de céspede artificial, conta con aforamento para 1.000 espectadores e caracterízase pola presenza ao fondo do Cuatro Torres Business Area.

As categorías inferiores disputan os seus partidos en dúas instalacións situadas no barrio do Pilar. Os equipos a partir de alevíns, o xuvenil e o feminino xogan en Vereda de Ganapanes, mentres que os equipos benxamíns utilizan o Campo de Isla de Tabarca, preto da estación de Peñagrande, onde ademais está a sede social da entidade.

Datos do club editar

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ªB: 1
  • Tempadas en : 8

Historial por tempadas editar

Tempada Categoría Posición Copa do Rei
2006/07 Preferente
2007/08 21º
2008/09 Preferente
2009/10 Preferente
2010/11 Preferente
2011/12 12º
2012/13
2013/14
2014/15
2015/16
2016/17
2017/18 2ªB 2ª rolda

Palmarés editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar