Agrupación Deportiva Cerro de Reyes Badajoz Atlético

A Agrupación Deportiva Cerro de Reyes Badajoz Atlético, máis coñecida como Cerro de Reyes, é un equipo de fútbol español de Badaxoz (Estremadura), do barrio de Cerro de Reyes. Foi fundado en 1980 e compite na Terceira División, tras descender na tempada 2010–11.

Cerro de Reyes
NomeAgrupación Deportiva Cerro de Reyes Badajoz Atlético
Fundación1980
EstadioJosé Pache,
Badaxoz, España España
Capacidade3 500
PresidenteEspaña Antonio Olivera Méndez
Adestrador Mario Luna
LigaTerceira División
2010–1120º (2ª B - Grupo 1)
VestimentaPatrick
PatrocinadorImagina Badajoz
Marca Extremadura
Na rede
http://www.cerroreyesbadajoz.com/
Titular
Alternativo

Historia editar

O Cerro de Reyes xorde a partir dun equipo local, o Club San Miguel, na década de 1970. Tras conseguir un terreo de xogo para o club, o club foi fundado oficialmente o 6 de xaneiro de 1980 con José Luís Álvarez Moneda na presidencia. Posteriormente recalou na dirección do club José Pache, quen realizou varios cambios no equipo coa intención de que este subise a Terceira División.

Cerro de Reyes subiu a Terceira División na tempada 1999-2000 e o seu obxectivo foi manterse na categoría. Na tempada 2002-03 o equipo terminou como campión do Grupo XIV ao terminar con 92 puntos, pero non logra o seu ascenso a Segunda B ao caer no playoff. Desde entón o club conseguiu durante catro anos consecutivos a clasificación para subir á terceira categoría do fútbol español.

O seu debut en Segunda B produciuse na campaña 2006-07. Aínda que caeu en playoff de ascenso, o Cerro de Reyes conseguiu ascender debido ao descenso administrativo do Club Deportivo Badajoz a Terceira, polo que ocupou a súa praza. A pesar de que tratou de manterse, o equipo descendeu ao terminar en 18ª posición. O equipo loitou por recobrar a categoría, e tras quedar segundo en 2008, en 2009 consegue o seu ascenso ao terminar como campión do grupo XIV e vencer na promoción de ascenso, consumándose o ascenso no José Pache ante a UD Los Barrios.

Na súa volta a Segunda División B o equipo eludiu os postos de descenso na primeira tempada. Na tempada 2010-11 debido aos graves problemas económicos do club, os xogadores deciden facer folga como medida de presión, e ao non atopar ningunha solución, é excluído da competición tras a súa incomparecencia ante Vecindario e Montañeros.

Uniforme editar

  • Uniforme titular: camiseta a raias verticais azuis e brancas, pantalón azul e medias azuis.
  • Uniforme alternativo: camiseta con tres raias verticais de cor negra, branco e verde, pantalón negro e medias negras.

A marca que fornece os equipamentos é Patrick, e o patrocinador do club é Imagina Badajoz na parte dianteira da camiseta, e na posterior a Marca Extremadura.

Estadio editar

O AD Cerro de Reyes disputa os seus partidos no Estadio José Pache, situado na Avd. Jaime Montero de Espinosa en Badaxoz. O campo ten capacidade para 3 500 persoas.

Xogadores editar

Cadro 2009/10 editar

Posto País Xogador
POR   Arturo
POR   Manu
DEF   Gabi Frías
DEF   Belforti
DEF   Manu
DEF   Parra
DEF   Portela
DEF   Rodolfo
DEF   Yoni
MED   Arévalo
MED   Belfortti
Posto País Xogador
MED   Cristo
MED   Francisco Miranda
MED   Golo
MED   Iván Fernández
MED   José Cayado
MED   Juanito
MED   Nauzat
MED   Jorge Zafra
MED   Tino
DIA   Enzo Noir
DIA   Pierucci
DIA   Zé Tó

Datos do club editar

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ªB: 2
  • Tempadas en : 8

Ligazóns externas editar