Agripina

páxina de homónimos

Agripina é un antropónimo feminino. Procede do cognome latino Agrippa, en relación coa familia de Agripa, e o seu significado é "de parto difícil", por ser dado no Imperio Romano a nenos e nenas que nacían en posición podálica, cos pés por diante.[Cómpre referencia] No ano 2010 levaban o nome 223 persoas residentes en Galicia.[1]

Persoas editar

  • Vipsania Agripina, filla de Agripa e a primeira dona do emperador Tiberio (36 a.C. - 20 d. C.);
  • Vipsania Marcela Agripina, filla de Agripa por parte da súa segunda dona, Claudia Marcela, e dona de Publio Quintilio Varo;
  • Vipsania Xulia Agripina, filla de Agripa e neta de Augusto, quen a educou na súa propia casa;
  • Agripina a Maior, nome co que se coñecía a Xulia Vipsania Agripina, esposa de Xermánico e nai do emperador Calígula (14 a. C. - 33 d. C.);
  • Agripina a Menor, nome co que era coñecida Xulia Vipsania Agripina, filla da anterior, irmá de Calígula e nai de Nerón (15 - 59);
  • Agripina de Mineo, mártir cristiá (f. 262).

Notas editar

  1. "IGE". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2019. Consultado o 12 de decembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar