Abrir o menú principal

Agota Kristof, nada en Csikvánd o 30 de outubro de 1935 e finada en Neuchâtel o 27 de xullo de 2011, foi unha escritora húngara. Residiu en Suíza e escribiu en lingua francesa.

Agota Kristof
Szhely Kanizsai Gimnázium Tabló.JPG
Nacemento30 de outubro de 1935
 Győr-Moson-Sopron
Falecemento27 de xullo de 2011
 Neuchâtel
SoterradaKőszeg
NacionalidadeHungría e Suíza
Ocupaciónescritora, dramaturga e autora
PremiosPrêmio Kossuth, Inter Book Prize, Preis der SWR-Bestenliste, Austrian State Prize for European Literature e Gottfried-Keller-Preis
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Marchou do seu país con 21 anos, cando a revolución húngara foi asolagada polas tropas do pacto de Varsovia, marchando co seu marido (profesor de historia na escola) e a súa filla de 4 meses a Neuchâtel. Logo de 5 anos traballando nunha fabrica, separouse do seu marido e deixou o traballo, comezando a estudar francés e a escribir nese idioma.

ObrasEditar

Os seus primeiros pasos como escritora foron no ámbito da poesía e o teatro (John et Joe, Un rat qui passe), malia ser unha das facetas da súa obra con menor impacto. En 1986 aparece a súa primeira novela, O gran caderno. A secuela titulada Le Preuve chegou 2 anos despois. En 1991 apareceu a terceira parte, Le Troisième mensonge.

Agota Kristof recibiu o premio europeo á literatura francesa por o gran caderno, sendo esta obra traducida a máis de 30 idiomas.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar