Agoitz (en castelán e tamén oficial: Aoiz) é un concello de Navarra, situado no meiriñado de Sangüesa, na comarca de Sangüesa e a 28 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 2 684 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 13,54 km² e a súa densidade de poboación é de 198,23 hab./km².

Modelo:Xeografía políticaAgoitz
Imaxe

Localización
Mapa
 42°46′58″N 1°21′11″O / 42.78277175, -1.35317797Coordenadas: 42°46′58″N 1°21′11″O / 42.78277175, -1.35317797
EstadoEspaña
Comunidade foralNavarra Editar o valor em Wikidata
Capital de
CapitalAoiz/Agoitz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.970 (2023) Editar o valor em Wikidata (219,35 hab./km²)
Lingua oficiallingua éuscara (zona lingüística)
lingua castelá (zona lingüística) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie13,54 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude504 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal31430 Editar o valor em Wikidata
Código INE31019 Editar o valor em Wikidata

Páxina webaoiz.es Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Os vestixios prehistóricos atopados na zona denotan un antigo poboamento, se ben a localización e o termo de Agoitz semellan datar da época da romanización. O núcleo de poboación xurdiu durante os séculos I a IV da nosa era. O nome de Agoitz, segundo os lingüistas é patronímico xentilicio e fai referencia ó señor ou encargado do fundus ou domini que dependía dunha cidade romana. No ano 924, parte do poboado de Agoitz foi destruído polo califa Abd al-Rahman III. Da vila tense constancia documental dende o século XI, cando estaba a cargo do conde Erro (val achegado á localidade). Agoitz formou parte do val de Longida até o 1424, ano do cal se segregou. En 1479, foi elevada á categoría de "Boa Vila" pola princesa Magdalena, nai e titora do rei neno Francisco I, recordando a Paz Xeral que se asinou na Vila diante da ermida de San Román despois de máis de 30 anos de guerra civil en Navarra entre agramonteses e beamonteses. O acto de paz, no cal os principais xefes rivais chantaron as súas espadas no chan é o motio temático do escudo da localidae, foi outorgado en 1494 polos reis Catarina de Navarra e Xoán III de Albret.

Tamén dende 1479, Agoitz dispuxo de representación nas antigas Cortes de Navarra. Despois da supresión do Tribunal de Comptos e a creación en 1835 dos "Partidos Xudiciais", Navarra quedou dividida en cinco demarcacións, semellantes aos Meiriñados históricos, na que o Meiriñado de Olite adxudicouse en Tafalla e a de Sangüesa a capitalidade de Agoitz. Na primeira metade do século XX a localidade foi un centro manufactureiro de grande entidade, na súa maior parte promovida pola Sociedade El Irati, S.A, que constituíu arredor de Agoitz un importante serradoiro, unha industria química e o primeiro tren de tracción eléctrica da Península Ibérica.

Demografía editar

Evolución demográfica
1996 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007
1 848 1 861 1 838 1 842 1 862 1 892 2 001 2 099 2 109 2 175 2 242
Fontes: Agoitz e Instituto de Estatística de Navarra

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar