Agnes Ibbetson, nada en Londres en 1757 e finada en Exmouth en 1823, foi unha fisióloga vexetal inglesa.

Infotaula de personaAgnes Ibbetson
Biografía
Nacemento(en) Agnes Thomson Editar o valor em Wikidata
1757
Londres, Reino Unido
Mortefebreiro de 1823
Exmouth, Reino Unido
Datos persoais
País de nacionalidadeInglesa
Actividade
OcupaciónFisioloxía vexetal
Familia
CónxuxeJames Ibbetson

Traxectoria editar

Naceu en Londres en 1757 e foi filla de Andrew Thomson Esq. de Roehampton, un mercador da cidade. 

En 1783 casou en Bushey, Hertfordshire con James Ibbetson, fillo máis vello do reverendo James Ibbetson D.D., reitor e arquidiácono de St. Albans.

O seu marido James foi un avogado e anticuario afeccionado ao que o Lincoln's Inn admitiu en 1771 e que faleceu en 1790 aos 35 anos, deixando viúva a Agnes.

Despois do falecemento de James, Agnes mudouse a Devon onde viviu o resto da súa vida. Faleceu en febreiro de 1823 en Exmouth ós 66 anos. O seu sobriño foi Charles Poulett Thomson, un político que se converteu no primeiro gobernador do Canadá.[1]

Traballo editar

 
Cyclopia meyeriana do xénero Cyclopia, antes chamado Ibbetsonia.

A pesar do seu illamento da comunidade científica da época, Ibbetson comezou a publicar a súa fisioloxía das plantas aos 50 anos. O seu traballo baseouse principalmente na observación e experimentación.[2] Ibbetson usou unha gran gama de microscopios, disección de plantas, e outras tecnoloxías para realizar os seus estudos, e creu que as funcións das plantas posuían explicacións mecánicas.[3] Entre 1809 e 1822, Ibbetson contribuíu con máis de 50 publicacións a Nicholson's Journal e Philosophical Magazine acerca da estrutura microscópica e fisioloxía das plantas. No departamento de botánica do Museo Británico presérvanse algúns espécimes do bosque e algunhas placas microscópicas que preparou, con descricións manuscritas que representan vinte e catro anos de traballo e pon de manifesto a súa crenza errónea de que os brotes se orixinan endoxenamente e forzan o seu camiño cara a fóra.[4]

Legado editar

O xénero Ibbetsonia foi dedicado por John Sims na súa memoria, pero agora é considerado idéntico ao xénero Cyclopia de Ventenat.[5][6]

Notas editar

  1. "Agnes Ibbetson". www.oxforddnb.com. Consultado o 11-10-2016. 
  2. "Oxford DNB article: Ibbetson, Agnes". www.oxforddnb.com. 
  3. "Flora Feministica: Reflections on the Culture of Botany" (PDF). 
  4.   Boulger, George Simonds (1891). "Ibbetson, Agnes". En Sidney Lee. Dictionary of National Biography (en inglés) 28. Londres: Smith, Elder & Co. OCLC 2763972. [Gent. Mag. 1823, i. 474; Rees's Cyclopædia.] .
  5. "Agnes Ibbetson". International Plant Names Index. Real Xardín Botánico de Kew, Herbario da Universidade Harvard e Herbario nacional Australiano (eds.). 
  6. Charters, Michael L. "G-K: Agnes Ibbetson". Plant Names. calflora.net. Consultado o 13 de outubro de 2010.