Agnès Acker

astrónoma francesa

Agnès Acker, nada en Sentheim (Alto Rin) o 28 de xaneiro de 1940,[1] é unha astrofísica francesa, profesora emérita da Universidade de Estrasburgo, fundadora do Planetario de Estrasburgo e presidenta-fundadora da Asociación de planetarios de lingua francesa (APLF). A súa investigación céntrase principalmente nas últimas etapas da evolución das estrelas de tipo solar, as nebulosas planetarias, a binaridade do núcleo e os ventos estelares.[2]

Infotaula de personaprofesor emérito Editar o valor em Wikidata
Agnès Acker

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xaneiro de 1940 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Thann, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Estrasburgo
Louis Pasteur University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstrofísica Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Observatório de Estrasburgo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónastrónoma , astrofísica , física , professeur des universités (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
DeporteMotociclismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
2009Ano Internacional da Astronomia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoCoralie Neiner (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

En 1976 defendeu a súa tese de doutoramento na Universidade de Estrasburgo I, Cinemática, idade e binaridade dos núcleos das nebulosas planetarias.[3]

En 1979 fundou o Planetario de Estrasburgo, que dirixiu até 2001.[4] Posteriormente fundou en 1984 a Asociación de planetarios de fala francesa (APLF) que presidiu até 2010,[2] o equipo de investigación «Populations stellaires» (Poboacións estelares) en 1987, do que foi responsable durante 10 anos, e en 1991 o Diploma de Estudos Avanzados (DEA) en astrofísica no Observatorio de Estrasburgo, que dirixiu até 2002.[4]

Agnès Acker tamén ocupou cargos de responsabilidade en diversas organizacións.[5] Entre outros, foi membro do Comité Directivo Nacional para o Ano Internacional da Astronomía (AMA09), creadora e corresponsábel da Brevet d'État d'animateur technicien de l'éducation popular et de la jeunesse (BEATEP), membro da Unión Astronómica Internacional (IAU) desde 1976, membro do Consello da Sociedade Internacional de Planetarios (IPS) desde 1990, membro do Consello Científico e Educativo do Vaisseau, CCSTI de Estrasburgo, de 2004 a 2009. Foi elixida membro do Consello do Comité de Enlace de Profesores e Astrónomos (CLEA) en 1990, directora do Jardin des sciences, CCSTI da Université Louis-Pasteur de 1991 a 1994, membro do Consello Nacional de Universidades (CNU) de 1987 a 1991 e membro do Consello Económico e Social de Alsacia (CÉSER Alsace) de 1995 a 2001.

Selección de publicacións editar

Agnès Acker é autora/coautora de máis de 200 artigos en revistas internacionais de astrofísica [5] e de numerosas publicacións educativas e de difusión científica.

  • Initiation à l'astronomie, Masson 1978, 1981, 1986
  • Astronomie, astrophysique. Introduction, Dunod, 1992, 1995, 1998, 2005, 2013
  • Formes et couleurs dans l'univers : nébuleuses, amas d'étoiles, galaxie, Masson, 1987
  • Le planétarium : un spectacle nouveau dans votre ville, Valblor, 1991
  • Astronomie : méthodes et calculs : exercices corrigés (en colaboración con Carlos Jaschek), Masson, 1984, 1995
  • Vie et mort des étoiles : un exposé pour comprendre, un essai pour réfléchir (en colaboración con Ariane Lançon), Flammarion, Modelo:Coll., 1998
  • L'univers astronomique (en coll. avec Jean-Claude Pecker), Observatoire de Strasbourg, 2001, 2006
  • Étoiles et matière interstellaire (en colaboración con James Lequeux, Claude Bertout, Jean-Paul Zahn, Nicolas Prantzos e Jean-Pierre Lasota), Ellipses, 2008, 2009
  • L’Arc-en-ciel des étoiles (dir.), APLF/Observatoire de Strasbourg, 2010 (libro pedagóxico)

Honras editar

En 1994 Agnès Acker obtivo o Primeiro Premio «auteur» en divulgación científica, outorgado polo Ministère de la Recherche et de la Technologie.[5] En 1997 a Academia de Ciencias concedeulle o premio Doisteau-Bluteaux.[5] En 2008 foi nomeada IPS Fellow da International Planetarium Society (Chicago).[6] En 2010 recibiu o premio Ourrisson da Fond'Action Alsace [7] .

Distincións editar

  • Chevalier de la Légion d'honneur (2012)
  • Commandeur de l'ordre des Palmes académiques. (1999)

Notas editar

  1. Florence Hervé, « Agnès Acker », in Histoires et visages d'Alsaciennes. p. 91. ISBN 2-882-95448-4. OCLC 62292957. 
  2. 2,0 2,1 Université Nice Sophia Antipolis .
  3. Catalogue SUDOC .
  4. 4,0 4,1 Fond'Action Alsace Arquivado 25 de febreiro de 2019 en Wayback Machine..
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Observatoire astronomique de Strasbourg .
  6. (en inglés) Awardees and Fellows of the International Planetarium Society .
  7. « Fond’Action distingue des talents alsaciens », in L'Alsace, 15 septembre 2010 .

Ver tamén editar

Bibliografía editar