Aglomerante
Os aglomerantes son materiais que teñen a finalidade de xuntar partículas e unilas co desenvolvemento da súa resistencia mecánica, como resultado de procesos físico-químicos. Empréganse para unir entre si os áridos, aceiros, fibras... obténdose así o formigón, morteiros, fibrocemento...
Os aglomerantes máis utilizados son o xeso, o cal, e o cemento.
Clasificación
editar- Inorgánicos: cal, xeso, cemento, vidro líquido. Son materiais artificiais, de natureza inorgánica e mineral, obtidos a partir de materias primas naturais e, no seu caso, de subprodutos industriais, que en estados poeirentos e ao mesturalos con auga forman unha pasta plasto-elástica capaz de endurecer co tempo.
- Aglomerantes aéreos, son os que endurecen e manteñen a súa resistencia mecánica durante longo tempo só no aire. Segundo a súa composición poden ser:
- Aglomerantes calcarios, constituídos principalmente por óxido de cal (CaO).
- Aglomerantes xipsosos, cuxa parte principal é o sulfato de calcio (SO4Ca2).
- Aglomerantes hidráulicos, son os que endurecen e conservan durante longo tempo a súa resistencia mecánica non só no ar, senón tamén na auga. A súa composición química está representada por un sistema complexo constituído principalmente por compostos de catro óxidos: cal (CaO), sílice (SiO2), alúmina (Al2O3) e ferro (Fe2O3). As súas combinacións forman tres principais grupos de aglomerantes hidráulicos:
- Cementos silíceos, constituídos principalmente por silicatos de calcio (75 %). Pertencen a este grupo o cemento portland e os seus derivados.
- Cementos aluminosos, cuxa base aglomerante son os aluminatos de calcio.
- Cal hidráulico, obtido pola cocción de margas calcarias cun contido en arxila do 20 % e a temperaturas de 900 °C.
- Aglomerantes aéreos, son os que endurecen e manteñen a súa resistencia mecánica durante longo tempo só no aire. Segundo a súa composición poden ser:
- Orgánicos: asfaltos, alcatráns, cola de animal, polímeros, que se transforman co fin de adquirir o estado operacional por quecemento, fusión ou disolución en líquidos orgánicos.