Aglaonice, Agloanike, ou Aganice de Tesalia (grego antigo: Ἀγλαονίκη, Aglaoníkē) foi unha astrónoma da Antiga Grecia do século II ou I a.C.

Infotaula de personaAglaonice

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(grc) Ἀγλαονίκη Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Tesalia, Grecia Editar o valor em Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónastrónoma Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata

Mencións

editar

É mencionada nos escritos de Plutarco[1] e nos escolios de Apolonio de Rodas[2] como unha astrónoma e como a filla de Hegetor (ou Hegemon) de Tesalia.[3] Tamén foi considerada unha feiticeira porque o seu coñecemento, que a facía capaz de predicir con moita precisión o momento e a rexión en que unha eclipse lunar ía ter lugar interpretábase como unha "habilidade" ou un "poder" que lle permitía facer desaparecer a lúa do ceo,[4] o que lle conferiu un gran poder no seu momento.[5]

Un proverbio grego facía referencia á habilidade de Aglaonice: «Si, como a lúa obedece a Aglaonice». Outras astrónomas, ao parecer consideradas feiticeiras, foron asociadas con Aglaonice. Foron coñecidas como «as bruxas de Tesalia» e tiveron a súa actividade entre os séculos III e I a.C.[6]

No diálogo de Platón, Gorgias, Sócrates di: «Pero si hai que temer, querido amigo, que non nos ocorra, o que se di sucede ás mulleres de Tesalia cando fan descender a Lúa».[7]

Plutarco escribiu que «coñecía moi ben os períodos nos que a lúa chea estaba por eclipsar, e sabendo de antemán o momento en que a lúa estaba por ocultarse tras a sombra da Terra, aproveitábase das mulleres e facíalles crer que ela a facía caer».[8]

editar
  1. Coniugalia praecepta 48 = 145c, De defectu oraculorum 13 = 417a
  2. Escolio en Argonautica 4.59
  3. Peter Bicknell. "The witch Aglaonice and dark lunar eclipses in the second and first centuries BC". Bibcode:1983JBAA...93..160B. 
  4. Ogilvie, Marilyn Bailey (1986). Women in Science. The MIT Press. ISBN 0-262-15031-X. 
  5. "Mujeres Astrónomas y Matemáticas de la Antigüedad" (PDF). fundacionorotava.org. Consultado o 4-11-2020. 
  6. 6,0 6,1 Howard (2008), p. 31
  7. Gorgias
  8. Plutarco, Conjugalia Praecepta
  9. "Aglaonice". Elizabeth A. Sackler Center for Feminist Art: The Dinner Party: Heritage Floor: Aglaonice. Brooklyn Museum. 2007. Consultado o 17 de decembro de 2011. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar