Agaricus subrufescens

Agaricus subrufescens
Clasificación científica
Nome binomial
'Agaricus subrufescens'

Agaricus subrufescens é unha especie de cogomelo comestíbel da familia Agaricaceae. É coñecido como champiñón do sol[1]. A. subrufescens é tamén coñecido por varios nomes científicos errados e obsoletos, como Agaricus blazei, Agaricus blazei Murrill, Agaricus brasiliensis, Agaricus sylvaticus ou Agaricus rufotegulis.

Trátase dun basidiomiceto amplamente distribuído polas rexións tropicais e subtropicais do planeta, e amplamente cultivado e comercializado.

Distribución e hábitat editar

Agaricus subrufescens ten distribución cosmopolita, sendo encontrado principalmente en climas tropicais e subtropicais. Descrito orixinalmente no nordeste dos Estados Unidos, tamén foron encontrados crecendo nos estados da California e Hawai , así como en Gran Bretaña, Holanda, Israel, Taiwán e o Brasil.[2] Frutifican illados ou en grupo en solos ricos e con material vexetal en decomposición, frecuentemente en ambientes domésticos.[3]

Nomenclatura e taxonomía editar

Agaricus subrufescens foi descrito polo botánico americano Charles Horton Peck en 1893 de mostras recadadas na costa leste dos Estados Unidos.[4] Na década de 1970, foi descuberto no Brasil, mais os cogomelos foron mal identificados por Heinemann, como sendo da especie Agaricus blazei descrita por William Murrill en 1945, orixinalmente na Florida.[5] Eses espécimes brasileiros tamén foron mal identificados como sendo da especie Agaricus silvaticus en literatura comercial.[6] E en 1999, Nauta describiu mostras do Reino Unido, Holanda e Portugal, como unha nova especie, Agaricus rufotegulis.[7]

En 2002, da Eira e colaboradores rexeitaron o nome A. blazei para a poboación do Brasil, e describiron un novo nome científico para designar a especie, A. brasiliensis.[8] Con todo, o nome A. brasiliensis xa estaba ocupado por unha especie descrita por Elias Magnus Fries en 1830. Richard Kerrigan, en 2005, realizou probas xenéticas e de interfertilidade en varias cepas e demostrou que as mostras brasileiras chamadas de A. blazei e A. brasiliensis son xeneticamente similares, e fértiles coas poboacións norteamericanas de Agaricus subrufescens.[2] Estas probas tamén demostraron que os exemplares europeos denominados de A. rufotegulis pertencían tamén a esta mesma especie. Polo principio da prioridade do Código Internacional de Nomenclatura Botánica, Agaricus subrufescens, que é o nome máis antigo, é o nome científico válido para a especie. Agaricus blazei Murrill é un nome científico válido, mentres, para unha especie distinta de cogomelo encontrado na Florida; e Agaricus silvaticus Schaeff. é tamén válido, mais para un cogomelo de clima temperado das illas británicas.

Descrición editar

O chapeu é inicialmente hemisférico e posteriormente convexo, cun diámetro de 5 a 18 cm, cuberto de fibras semellantes a seda, aínda que máis ben de maduro, e desenvolve pequenas escamas (escamuloso). A cor do chapeu pode variar desde o branco-cinza ao marrón avermellado; a orla do chapeu tipicamente fisúrase coa idade. A carne é branca, e ten sabor a "noces verde", con arrecendo a améndoa. As lamelas non están unidas ao estipe, son estreitas e preséntanse moi xuntas. Comezan por ter cor branca, despois rosada e, finalmente negra-marrón, cando as esporas maduran. As esporas elipsoides son lisas, de cor púrpura marrón escura, cando son vistos microscopicamente, con dimensións de 6-7,5 por 4–5 mm. O estipe ten de 6 a 15 cm de altura e 1 a 1,5 cm de espesura, bulboso na base. Inicialmente macizo, o estipe fica oco coa idade; é algodonado (flocoso) a escamoso na base. O anel é abondoso e de capa dobre; dóbrase para baixo en dirección ao pé, liso e abrancazado na parte superior, e cuberto de escamas con aspecto de algodón na parte inferior.

Notas editar

  1. Nome galego en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. 2,0 2,1 Kerrigan, R.W. (2005). "Agaricus subrufescens, a cultivated edible and medicinal mushroom, and its synonyms". Mycologia 97: 12–24. doi:10.3852/mycologia.97.1.12. 
  3. Smith, A.H. (1975). A Field Guide to Western Mushrooms. Ann Arbor, Mich. ISBN 0-472-85599-9. 
  4. Peck, C.H. (1893). "Report of the Botanist (1892)". Annual Report on the New York State Museum of Natural History 46: 85–149. 
  5. Heinemann, P. (1993). "Agarici Austroamericani VIII. Agariceae des regions intertropicales d’Amérique du Sud". Bulletin du Jardin Botanique National de Belgique, Meise 62: 355–384. 
  6. de Amazonas, A.M.; Siqueira, P. (2003). Champignon do Brasil (Agaricus brasiliensis): Ciência, Saúde e Sabor. Colombo. p. 14-15. 
  7. Nauta, M.M. (1999). "Notulae ad floram agaricinam Neerlandicam-XXXIII. Notes on Agaricus section Spissicaules". Persoonia 17: 221–233. 
  8. da Eira, A.F.; Didukh, M. Ya.; Stamets, P.; Wasser, S.P.; de Amazonas, M.A.L. (2002). "Is a Widely Cultivated Culinary-Medicinal Royal Sun Agaricus (the Himematsutake Mushroom) Indeed Agaricus blazei Murrill?". International Journal of Medicinal Mushrooms 4: 267–290. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar