Afterpiece é o termo en inglés co cal se designaba aos espectáculos complementarios que se ofrecían logo dunha extensa obra teatral durante o século XVIII.

Un afterpiece é unha obra curta, xeralmente humorística dun acto representada ou unha obra musical que seguía á atracción principal, a obra completa, para concluír a velada teatral.[1] Esta pequena comedia, farsa, ópera ou pantomima foi unha forma teatral moi popular nos séculos XVIII e XIX. Foi presentado para alixeirar as traxedias de cinco actos que se adoitaban representar. As reducións nos prezos de admisión logo do terceiro acto posibilitou aos afeccionados menos refinados e aos traballadores, ver o final do melodrama e o afterpiece dun acto.

Un exemplo de afterpiece é The Padlock, de Charles Dibdin, representado por primeira vez en Londres en 1768.

Notas editar

  1. p24 "The Chambers Dictionary"Edinburgh, Chambers,2003 ISBN 0-550-10013-X