Floración de algas

(Redirección desde «Afloramento de algas»)

A floración ou bloom de algas é un crecemento rápido ou acumulación de microalgas en augas doces ou mariñas. Adóitanse recoñecer por descoloración das augas. Ás floracións producidas por cianobacterias chámanselles floracións de algas azul-verdosas. As mareas vermellas son outro tipo de floración debido ao aumento da biomasa especies de dinoflaxelados[1]. Só nalgúns casos, cando existe altas concentracións en puntos locais como baías ou estuarios, poden ter efectos nocivos no consumo humano. As floracións de algas que derivan en efectos prexudiciais para animais ou para o consumo humano denomínanse floracións de algas nocivas. Non todas as floracións de augas nocivas mostran unha coloración das augas. Cando o teñen, móstranse como un caso máis das mareas vermellas[2].

Notas editar

  1. Alberto González-Garcés Santigo, Federico Vilas Martín e Xosé Antón Álvarez Salgado. La ría de Vigo: una aproximación integral al ecosistema marino de la Ría de Vigo. 2008. Ed. Instituto de Estudos Vigueses. I.S.B.N.: 978-84-89599-34-5 Dep. Legal: VG 1403-2008
  2. Anderson, Donald M.; Cembella, Allan D.; Hallegraeff, Gustaaf M. (2012). "Progress in understanding harmful algal blooms: paradigm shifts and new technologies for research, monitoring, and management". Annual Review of Marine Science 4: 143–176. ISSN 1941-1405. PMID 22457972. doi:10.1146/annurev-marine-120308-081121. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.