Abrir o menú principal

Afeni Shakur, nacida o 10 de xaneiro de 1947 como Alice Faye Williams en Lumberton, Carolina do Norte foi unha importante figura do Partido Pantera Negra e nai do rapeiro Tupac Shakur.

Afeni Shakur
Afeni Shakur.jpg
Afeni Shakur en abril de 2008
Nome de nacemento Alice Faye Williams
Nacemento 10 de xaneiro de 1947
  Lumberton
Falecemento 2 de maio de 2016
  Sausalito
Causa Infarto agudo de miocardio
Nacionalidade Estados Unidos de América
Etnia Afroamericano
Ocupación activista
Fillos Tupac Shakur
editar datos en Wikidata ]

O seu papel dentro da organización foi crucial, xa que fixo crer ao FBI, a través de artigos na prensa interna dos Panteras Negras que estes xa non existían, mentres aumentaban o seu número de militantes e a súa capacidade de acción. Anos despois sería encarcerada por reter información en relación ao grupo "Pantera 21". Tamén sería xulgada pola planificación dun atentado, aínda que no xuízo, onde se defendeu a si mesma, non se atoparon probas para condenala.

Despois do nacemento do seu fillo Tupac casou con Mutulu Shakur e converteuse ao Islam. Mutulu converteríase no pai adoptivo de Tupac.

Tras a morte de Tupac Shakur en 1996 Afeni converteuse na tesoureira do seu legado musical e cultural. Para eses fins fundou en 1997 a Fundación Tupac Amaru Shakur, que inviste en programas dedicados á mocidade.