Abrir o menú principal

O aeroporto Ramón Villeda Morales (IATA: SAPOACI: MHLM), tamén coñecido como aeroporto internacional La Mesa, é un aeroporto situado a 11 quilómetros ao leste da cidade de San Pedro Sula, no Departamento de Cortés en Honduras. O aeroporto recibe o seu nome por Ramón Villeda Morales, que foi presidente do país de 1957 a 1963.

Aeroporto Ramón Villeda Morales
Aeropuerto Internacional Ramón Villeda Morales

Aeropuerto San Pedro Sula.jpg

IATA: SAP – ICAO: MHLM
Sumario
Tipo público/militar
Operador InterAirports
Cidade/Illa San Pedro Sula
Localización La Lima
Elevación (msnm) 27 metros / 89 pés
Coordenadas 15°27′10″N 087°55′25″O / 15.45278, -87.92361Coordenadas: 15°27′10″N 087°55′25″O / 15.45278, -87.92361
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
04/22 2 886 9 469 formigón
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 880 078[1]

É o principal e máis concorrido aeroporto de Honduras, con 880 078 pasaxeiros no ano 2016.[1] O aeroporto ofrece servizos a uns 20 destinos domésticos e internacionais, sendo algúns deles conexións curtas a atraccións turísticas como La Ceiba, as ruínas maias de Copán e as praias caribeñas de Roatán e Tela.

Aeroliñas e destinosEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Aeropuertos de Honduras (ed.). "Memoria de Sostenibilidad 2016-2017". Consultado o 4 de abril de 2018.