Aeródromo de Vilaframil

aeródromo en Vilaframil, Ribadeo
(Redirección desde «Aeródromo de Ribadeo»)

O aeródromo de Vilaframil (OACI: LEVF) é un aeródromo situado no concello de Ribadeo. A súa única pista está asfaltada, ten 1000 metros de lonxitude por 20 de anchura, e está situada a tres quilómetros do núcleo urbano e a 500 metros da costa.[1] As instalacións complétanse con dous hangares.

Aeródromo de Vilaframil

IATA: ningúnICAO: LEVF
Sumario
Tipo Privado
Operador Club Aéreo de Ribadeo
Localización Ribadeo, Galicia
Elevación (msnm) 25 metros / 82 pés
Web clubaereoribadeo.com
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
08/26 1 000 3 280 asfalto

O aeródromo foi construído polo empresario madrileño Rafael del Pino, fundador e presidente da empresa Ferrovial, quen tiña unha casa en Ribadeo. Na actualidade está xestionado polos socios do Club Aéreo de Ribadeo.[2]

A carón do aeródromo atópanse as instalacións da empresa fabricante de avións lixeiros Construcciones Aeronáuticas de Galicia, presidida por José Luis González Miró, quen tamén preside o Club Aéreo de Ribadeo.[3]

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar