Aedes é un xénero de mosquitos que se atopaba orixinalmente nas zonas tropicais e subtropicais, mais agora é común en tódolos continentesa agás a Antártida. Algunhas especies espalláronse pola actividade humana, como o Aedes albopictus, unha especie particularmente invasiva que se estendeu polo Novo Mundo polo comercio de pneumático utilizado.

Foi descrito e nomeado por vez primeira polo entomólogo alemán Johann Wilhelm Meigen en 1818, e o seu nome xenérico provén do grego antigo ἀηδής, aēdēs, que quere dicir "desagradábel" ou "odioso". A especie tipo de Aedes é Aedes cinereus.[2]

Notas editar

  1. "WHO | The mosquito". WHO. 
  2. Walter Reed Biosystematics Unit. (ed.). "Aedes". Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2016. Consultado o 4 de febreiro de 2016.