Adventure (videoxogo de 1980)
Adventure é un videoxogo desenvolvido por Warren Robinett para o Atari Video Computer System (posteriormente chamado Atari 2600) e distribuído en 1980 por Atari, Inc. O xogador controla un avatar cadrado cuxa misión é explorar un ambiente aberto para atopar un cáliz máxico e devolvelo ao castelo dourado. O mundo do xogo está poboado de inimigos itinerantes: tres dragóns que poden comer o avatar e un morcego que rouba e esconde elementos ao chou polo mundo do xogo. Adventure introduciu novos elementos nos xogos de consola, incluíndo unha zona de xogo que abarca varias pantallas e inimigos que seguen movéndose cando están fóra da pantalla.
Adventure | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Atari, Inc. |
Distribuidora(s) | Atari, Inc. |
Deseñador(es) | Warren Robinett |
Lanzamento | 1980 |
Xénero | Acción e aventuras |
Modos de xogo | Un xogador |
Plataforma(s) | Atari 2600 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Modo de xogo
editarEn Adventure, o obxectivo do xogador é recuperar o cáliz encantado que un malvado mago roubou e escondeu no reino, e devolvelo ao Castelo Dourado.[1]
Notas
editar- ↑ Atari 1980, p. 1.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Robinett, Warren (6 de marzo de 2015). ""Design of Adventure for the Atari 2600: The First Action-Adventure Game"". San Francisco, California. Consultado o 8 de abril de 2016.
- Adventure Game Program Instructions. Atari, Inc. 1980.
- Bogost, Ian; Montfort, Nick (2009). Racing the Beam: The Atari Video Computer System. The MIT Press. ISBN 978-0-262-01257-7.
- Robinett, Warren (2006). "Adventure as a Video Game: Adventure for the Atari 2600". En Salen, Katie; Zimmerman, Eric. The Game Design Reader: A Rules of Play Anthology. The MIT Press. pp. 690–713. ISBN 978-0262195362. OCLC 58919795.
- Wolf, Mark J. P. (2001). "5: Narrative in the Video Game". En Mark J. P. Wolf. The Medium of the Video Game. University of Texas Press. ISBN 978-0292791503.