Adriano Marques de Magallanes
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Adriano Antonio Marques de Magallanes, nado en Melgaço o 10 de xullo de 1925 e finado en Petán (A Cañiza) o 12 de decembro de 2023, foi un diplomático, avogado, empresario, escritor e político galego, do Partido Popular.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Adriano Antonio Marques de Magallanes 10 de xullo de 1925 Melgaço, Portugal |
Morte | 12 de decembro de 2023 (98 anos) |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
16 de decembro de 1986 – 2 de setembro de 1989 ← Mariano Rajoy Lexislatura: III lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electo en: Eleccións Xerais 1986 en España | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor , empresario , diplomático , político , avogado |
Partido político | Partido Demócrata Gallego |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Premios | |
Traxectoria
editarNas municipais de 1983 presentouse nas listas de Alianza Popular ao concello de Vigo, e saíu elixido concelleiro. Este posto permitiulle estar de vicepresidente da Deputación de Pontevedra mentres Mariano Rajoy ocupaba a súa presidencia. Nas Xerais de 1986 figurou na candidatura dos populares pola provincia de Pontevedra ao Congreso dos Deputados e saíu elixido deputado, onde permaneceu ata a convocatoria electoral de 1989.
Despois de estar uns anos apartado da política, en 1996 figurou como suplente na candidatura do PPdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra, nas Xerais de 1996. O seu suplido, Manuel Pérez Álvarez conseguiu obter a acta de senador, pero dimitiu en 1998, co que foi substituído por Adriano Marques.
Colaborador habitual de Faro de Vigo, foi cónsul xeral de Ecuador en Galicia. Posuía unha empresa de fabricación de uniformes para a policía, con sede en Redondela.
Obra
editar- Puntos de vista. Reflexiones periodísticas. (1999)
Vida persoal
editarEstivo casado con Rita Regojo, fundadora de Aldeas Infantiles en Galicia e Medalla Castelao ata o falecemento desta en 2011. Nos seus últimos anos vivía entre Cesantes e Petán.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Marques de Magallanes, Adriano Antonio". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.