Adolfo Rodríguez Saá

político arxentino

Adolfo Rodríguez Saá, nado en San Luis, o 25 de xullo de 1947, é un político arxentino, que foi gobernador de San Luis de 1983 a 2001 e presidente da Arxentina entre o 23 e o 30 de decembro de 2001.

Infotaula de personaAdolfo Rodríguez Saá

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de xullo de 1947 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
San Luis, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Senador da Arxentina
20 de decembro de 2017 – 10 de decembro de 2023
Circunscrición electoral: Provincia de San Luis

Senador da Arxentina
10 de decembro de 2011 – 9 de decembro de 2017
Circunscrición electoral: Provincia de San Luis
Senador da Arxentina
10 de decembro de 2005 – 9 de decembro de 2011
Circunscrición electoral: Provincia de San Luis
Deputado da Arxentina
10 de decembro de 2003 – 9 de decembro de 2005
Circunscrición electoral: Provincia de San Luis
Presidente da Nación Arxentina
23 de decembro de 2001 – 30 de decembro de 2001
← Federico Ramón PuertaEduardo Camaño →
Governor of San Luis province (en) Traducir
10 de decembro de 1983 – 22 de decembro de 2001
← Hugo di Risio (en) TraducirAlicia Lemme (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Buenos Aires Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Buenos Aires Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Justicialista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiCarlos Juan Rodríguez Saá (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAlberto Rodríguez Saá Editar o valor em Wikidata
ParentesAdolfo Rodríguez Saá (avó paterno) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Facebook: AdolfoRS2017 Editar o valor em Wikidata
Adolfo Rodríguez Saá coa banda presidencial.

Traxectoria editar

Naceu no seo dunha das familias con maior avoengo da provincia de San Luis, descendente do revolucionario federal Juan Saá e de Carlos Juan Rodríguez. Estudou dereito na Universidade Nacional de Buenos Aires, graduándose en 1971.

Gobernador de San Luis editar

Participou na actividade política desde moi novo e foi apoderado legal do Partido Xusticialista desde 1971. En maio de 1973, asumiu a acta de deputado provincial durante o goberno de Elías Adre, con quen rivalizou polo liderado do PX provincial. Converteuse en presidente do Bloque do FREJULI. Logo do golpe de estado de marzo de 1976 cesou nas súas funcións. Á volta da democracia, converteuse en gobernador de San Luis en 1983 co 40,48 % dos votos contra un 37,27 % da UCR.

Nas eleccións de 1987, volveu gañar Adolfo Rodríguez Saá co 52,12 % fronte ao 32,86 % a UCR. En 1991, gañou o P.X. co 50,57 %, e o segundo lugar foi para a UCR, co 38,11 %. O mesmo ocorreu en 1995, cando o P.X. obtivo o triunfo co 71,47 %, e a UCR. en segundo lugar, co 16,82 %. En 1999 Rodríguez Saá logrou un novo triunfo, co 54,9 %, contra o 44,5 % da Alianza.

En 1995 converteuse en vicepresidente do Consello Nacional Xusticialista e impulsou a denominada Fronte Federal Solidaria (FFS) de gobernadores xusticialistas para reafirmaren os intereses das once provincias pequenas diante das tres grandes: Buenos Aires, Córdoba e Santa Fe (ás que despois se sumaron Santa Cruz e A Pampa).[1] Foi presidente do Consello Federal de Investimentos desde o 19 de setembro de 2001 ata o 22 de decembro de 2001.

Presidente da Arxentina editar

Cara á metade do seu quinto mandato como gobernador provincial, durante a crise de decembro de 2001 na Arxentina, a Asemblea lexislativa convocada polo senador Ramón Puerta (en exercicio do Poder Executivo) elixiuno Presidente da Nación para un período de 90 días, tras convocar a eleccións presidenciais mediante o controvertido sistema de lei de lemas. A primeira maxistratura do país quedara vacante tras as renuncias do vicepresidente Carlos "Chacho" Álvarez e do presidente Fernando de la Rúa.

A presidencia de Rodríguez Saa durou só sete días. Durante ese período proclamou a suspensión de pagamentos da débeda externa cos acredores privados, o cal nunca se chegou a concretar. Tamén anunciou a entrada en circulación dunha nova moeda non convertible, chamada Argentino —que nunca se emitiu—. Polas súas xestións logrou reunificar á CXT, polo que contou co apoio dos xefes sindicais, pero non o da UIA (Unión Industrial Arxentina) nin o dun importante sector do Partido Xusticialista, que discordaban coa decisión do mandatario de non desvalorizar a moeda de forma inmediata e non gradualmente como se propuña desde o Poder Executivo.[2] Nomeou o senador Jorge Capitanich como ministro de Infraestrutura e Vivenda e interino de Economía, de Desenvolvemento Social e Medio Ambiente, de Saúde, de Traballo, Emprego e Formación de Recursos Humanos e de Seguridade Social; e como presidente do Banco da Nación Arxentina a David Expósito, un economista e xornalista ao que lle pediu a renuncia logo das súas declaracións sobre o Argentino.[3][4]

Preparou unha lei de orzamentos para 2002, que incluía unha importante redución do déficit como pedía Anne Krueger do FMI.[5] Krueger tamén pedía unha nova lei de coparticipación, para determinar o xeito no que o goberno federal e os provinciais xestionaban o diñeiro procedente das taxas.[6] Rodríguez Saá convocou unha xuntanza cos gobernadores provinciais en Chapadmalal, pero só acudiron seis: Carlos Ruckauf, Juan Carlos Romero, Gildo Insfrán, Ángel Mazza, Carlos Rovira e Alicia Lemme. José Manuel de la Sota, gobernador de Córdoba, retiroulle o seu apoio, sospeitando que Rodríguez Saá quería suspender as eleccións e permanecer na presidencia ata 2003.[7] O 30 de decembro renunciou alegando a perda de apoios por parte do Partido Xusticialista.[8] O congreso aceptou a súa renuncia o 1 de xaneiro de 2002.

Pospresidencia editar

Rodríguez Saá foi deputado nacional entre 2003 e 2005 e desde 2005 é senador. Concorreu varias veces á presidencia da Arxentina a última impulsada pola alianza Compromiso Federal ou peronismo disidente, que impulsou a súa candidatura á presidencia nas eleccións de 2015, como unha forma de replicar o “modelo San Luis” á Nación.

Notas editar

  1. "Centro de Estudios y Documentación de Barcelona". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2014. Consultado o 02 de outubro de 2015. 
  2. "Diario Perfil, 15 de xullo de 2007". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2013. Consultado o 02 de outubro de 2015. 
  3. "Curriculum Vitae de Jorge Capitanich". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2008. Consultado o 02 de outubro de 2015. 
  4. "La Nación - 28/12/2001 - El Presidente le pidió la renuncia a Expósito, 28 de decembro de 2012". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 02 de outubro de 2015. 
  5. Reato, Ceferino (2015). Doce noches. Sudamericana. ISBN 978-950-07-5203-9, p. 17
  6. Reato, Ceferino (2015). Doce noches. Sudamericana. ISBN 978-950-07-5203-9, p. 40
  7. Matt Moffett and Michelle Wallin (31 de decembro de 2001). "Argentine President Rodriguez Saa Resigns After One Week in Office". The Wall Street Journal. 
  8. Reato, Ceferino (2015). Doce noches Sudamericana. ISBN 978-950-07-5203-9. pp. 28-29