Adolfo Abalo Ríos

mestre e político galego

Adolfo Abalo Ríos, nado en Lantaño (Portas) en 1945, é un mestre e político galego do PSdeG-PSOE.

Modelo:BiografíaAdolfo Abalo Ríos
Biografía
Nacemento1945 Editar o valor en Wikidata (79/80 anos)
Lantaño, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Caldas de Reis
1979 – 1995
← Ramón Caldas GarcíaXosé María Tobío Barreira → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Membro de

Traxectoria

editar

Profesor de Primaria no colexio Domingo Fontán de Portas. En 1976 afiliouse ao Partido Socialista Obrero Español. Organizou o movemento veciñal de Saiar e presidiu a asociación de veciños que clasificou os montes en man común da parroquia. Nas primeiras eleccións municipais da democracia encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Caldas de Reis e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde nas municipais de 1983 por maioría absoluta. Nas municipais de 1987 e 1991 foi novamente reelixido, pero por maioría simple. Entre 1986 e 1991 foi deputado provincial. Nas municipais de 1995 foi substituído por Xosé María Tobío Barreira como cabeza da lista municipal do PSdeG-PSOE.


Predecesor:
Ramón Caldas García
  
Alcalde de Caldas de Reis
 
1979 - 1995
Sucesor:
Xosé María Tobío Barreira

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar