Adiato Djaló Nandigna

política guineana

Adiato Djaló Nandigna, nada o 6 de novembro de 1958, é unha política de Guinea-Bissau. Traballou en 2012 como Primeira ministra interina de Guinea-Bissau, ata que o goberno foi derrocado no golpe de estado de 2012, sendo arrestada polos servizos de seguridade en 2013. Posteriormente regresou como Ministra de Defensa no gabinete do Primeiro Ministro Carlos Correia en 2015.

Infotaula de personaAdiato Djaló Nandigna
Biografía
Nacemento6 de novembro de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Guinea-Bisau Editar o valor em Wikidata
Ministro das Pescas (pt) Traducir
5 de xullo de 2019 – 2 de marzo de 2020
Primeiro-ministro da Guiné-Bissau (pt) Traducir
10 de febreiro de 2012 – 12 de abril de 2012 (Golpe de Estado na Guiné-Bissau em 2012 (pt) Traducir)
← Carlos Gomes JúniorRui Duarte de Barros (pt) Traducir →
Ministro dos Negócios Estrangeiros da Guiné-Bissau (pt) Traducir
2009 – 2009
← Maria da Conceição Nobre Cabral (pt) TraducirAdelino Mano Quetá (pt) Traducir →
Membro da Assembleia Popular Nacional da Guiné-Bissau (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGuinea-Bisau Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Africano para a Independência da Guiné e Cabo Verde (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 2008, Adiato Djaló Nandigna traballou como Ministra de Cultura, Mocidade e Deportes.[1]

Asumiu o cargo de primeira ministra interina de Guinea-Bissau o 10 de febreiro de 2012, sendo a primeira muller en ocupar o cargo. Paralelamente tamén traballou como portavoz do goberno. Anteriormente fora Ministra de Comunicacións do Primeiro Ministro Carlos Gomes Júnior.

Foi deposta nun golpe de estado xunto co presidente interino Raimundo Pereira e outros membros civís do goberno.[2] Nandigna foi arrestada o 21 de novembro de 2013 polos servizos de intelixencia e seguridade de Guinea-Bissau, unha medida que foi criticada pola liga de Dereitos Humanos Guineana.[3]

Despois de converterse en asesora do presidente José Mário Vaz, foi nomeada para o cargo de Ministra de Defensa en 2015 baixo o mandato do Primeiro Ministro en funcións Carlos Correia.[4]

Notas editar

  1. Gomes, Salvador (10 de agosto de 2008). "Guiné Bissau tem um novo governo" (en portugués). 
  2. "Guinea-Bissau coup leaders announce transition plan". 19 de abril de 2012. 
  3. "LGDH: Detenção da antiga Ministra Adiato Djaló Nandigna". gbissau.com. 23 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2016. Consultado o 6 de xaneiro de 2019. 
  4. "Guinea-Bissau forms new govt after two-month stalemate". 13 de outubro de 2015.