Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)

organización política xuvenil galega

Adiante (Mocidade Comunista pola Independencia de Galiza) foi unha organización política xuvenil galega que afrontou as diversas loitas da mocidade desde presupostos socialistas e independentistas.

Adiante
Tipopartido político
IdeoloxíaIndependentismo galego
Data de fundación2004
Data de disolución2013
SedeVigo
PaísGalicia
Na rede
http://www.adiantegz.org/
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

O seu obxectivo último, por tanto, era a construción dunha República Galega independente e socialista. A súa Asemblea Nacional Constituínte tivo lugar en Santiago de Compostela en outubro do ano 2004 baixo o lema O Futuro É Noso, que continúa a ser unha consigna que identifica a organización. O 20 de decembro de 2008 tivo lugar a II Asemblea Nacional no Local Independentista de Cangas do Morrazo so a consigna A Mocidade Comunista pola Independencia de Galiza.

O traballo de Adiante desenvolveuse en diversas campañas en prol do ecoloxismo (causas coma o Foro Social de Cangas), da igualdade de xénero (participando das mobilizacións do 8 de marzo e do 25 de novembro), da defensa da lingua galega, da liberdade de culto (promovendo a apostasía), da solidariedade entre os pobos (Palestina, Venezuela, Cuba, País Vasco etc.) e, máis recentemente, apoiando a candidatura ás Eleccións Europeas do 7 de xuño de 2009 de Iniciativa Internacionalista.

O seu secretario de organización foi até o 2011 Brais González Pérez e até o 2013 Laura Sousa. A derradeira secretaria de organización foi Aldara Míguez.

O 11 de novembro de 2013, mediante un comunicado difundido na súa web, anunciaban a súa disolución. Tras disolverse algúns dos seus membros formaron a nova organización xuvenil referente da FPG, Xeira[1].

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2018. Consultado o 20 de xullo de 2014. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar