Adania Shibli

escritora palestina

 Adania Shibli (árabe: عدنية شبلي ), nada en 1974,[1][2] é unha autora e ensaísta palestina.

Modelo:BiografíaAdania Shibli

(2024, Sarny Palace (en) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1974 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
Shibli-Umm al-Ghanam, Israel (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaXerusalén
Berlín Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de East London - estudos culturais (–2009)
Universidade Hebrea de Xerusalén - comunicación, xornalismo (–2001) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndocente (2005–2009), escritora, docente, visiting docent (en) Traducir, xornalista Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoSocial novel (en) Traducir, narración, ensaio e obra de teatro Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

BNE: XX6098461

Traxectoria

editar

Primeiros anos e formación

editar

Ten un doutoramento pola Universidade de East London en Estudos Culturais e de Medios. O título da súa tese foi Visual Terror: A Study of the Visual Compositions of the 9/11 Attacks and Major Attacks in the 'War on Terror' by British and French Television Networks (Terror visual: un estudo das composicións visuais dos ataques do 11 de setembro e os principais ataques na 'guerra contra o terrorismo' por cadenas de televisión británicas e francesas).[3]

É profesora na Universidade de Nottingham.[1]

Polémica na Feira do Libro de Frankfurt 2023

editar

A súa novela Tafṣīl Ṯānawī (Pequeno detalle) foi seleccionada para o LiBeraturpreis 2023 pola organización alemá LitProm. Baseada parcialmente en feitos históricos, a novela relata a violación e o asasinato dunha nena palestina en 1949 por parte de soldados israelís que foron condenados por un tribunal israelí. Orixinalmente, a cerimonia de entrega de premios na Feira do Libro de Frankfurt anunciouse para o 20 de outubro de 2023.[4] Uns días antes da data anunciada, LitProm cancelou a cerimonia na Feira do Libro e aprazouna a unha data non especificada en resposta ás protestas dos xornalistas alemáns que dixeron que a novela expresaba actitudes antisemitas. Ademais, o conflito israelo-palestino de outubro de 2023, os ataques de Hamas do 7 de outubro, foi citado como outro motivo da cancelación[5] e malia que os responsables da feira afirmaron que a decisión se tomara conxuntamente coa escritora, a axencia desta, negou ese acordo.[6][7] En resposta a isto, a Emirates Publishers Association e a Arab Publishers Association retiráronse da feira.[8][9]

A raíz da cancelación, máis de 1.000 autores e intelectuais, entre eles Colm Tóibín, Hisham Matar,[10] Kamila Shamsie, William Dalrymple e os premios Nobel Abdulrazak Gurnah, Annie Ernaux e Olga Tokarczuk,[7] criticaron a decisión da Feira do Libro de Frankfurt e manifestaron que a Feira tiña “a responsabilidade de crear espazos para que os escritores palestinos compartan os seus pensamentos, sentimentos e reflexións sobre a literatura nestes tempos terribles e crueis, non eliminalos”.[11][12]

Homenaxes

editar

En xuño de 2024 coincidindo coa súa presenza na SELIC de Compostela, os seus versos e os da poeta Nolwenn Korbel foron inscritos no ‘Xardín das pedras que falan", unha espiral de pedras gravadas con versos inéditos e fragmentos literarios de autores e autoras de procedencias e linguas diversas.[13]

  • 2010, Touch (Masaas) (مساس). , Northampton, MA.:Clockroot Books. ISBN 9781566568074
  • 2012, We are all equally far from love (Kulluna Ba’id bethat al Miqdar aan el-Hub) (كلنا بعيد بذات المقدار عن الحب). Northampton, MA.: Clockroot Books. ISBN 9781566568630
  • 2013, Keep your eye on the wall: Palestinian landscapes. London: Saqi Books. ISBN 9780863567599
  • 2020, Minor Detail (Tafṣīl Ṯānawī) (تفصيل ثانوي). Fitzcarraldo Editions / New Directions. ISBN 9780811229074
  1. 1,0 1,1 "Adania Shibli". kennedy-center.org (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2023. 
  2. "PEN World Voices Festival". Arquivado dende o orixinal o 2016-10-13. Consultado o 2016-07-29. 
  3. Shibli, Adania (2009-04). "Visual Terror: A Study of the Visual Compositions of the 9/11 Attacks and Major Attacks in the 'War on Terror' by British and French Television Networks" (en inglés). University of East London. Consultado o 2023-10-18. 
  4. "The winner 2023 / LitProm" (en inglés). Consultado o 2023-07-17. 
  5. Kavi, Aishvarya (13 de outubro de 2023 [actualizado o 17 de outubro de 2023]). "Award Ceremony for Palestinian Author at Frankfurt Book Fair Is Canceled". nytimes.com (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2023. 
  6. Hurel, Léa (23 de outubro de 2023). "Cancelación de la escritora palestina Adania Shibli desata polémica en la Feria de Frankfurt". france24.com (en castelán). Consultado o 24 de outubro de 2023. 
  7. 7,0 7,1 Gómez Ruiz, Lara (17 de outubro de 2023). "Frankfurt empieza su 75.ª edición envuelta de polémica tras cancelar a una autora palestina". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 24 de outubro de 2023. 
  8. Kavi, Aishvarya (2023-10-13). "Award Ceremony for Palestinian Author at Frankfurt Book Is Canceled". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-10-15. 
  9. "Emirates Publishers Association pulls out of the Frankfurt Book Fair" (en inglés). Consultado o 2023-10-15. 
  10. M., M. (17 de outubro de 2023). "Revuelo en la Feria del Libro de Fráncfort por "censurar" a la autora palestina Adania Shibli". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 24 de outubro de 2023. 
  11. Oltermann, Philip (2023-10-15). "Palestinian voices ‘shut down’ at Frankfurt Book Fair, say authors". The Guardian. ISSN 0261-3077. Consultado o 2023-10-16. 
  12. De Loera, Carlos (2023-10-16). "More than 1,000 sign open letter decrying cancellation of German event for Palestinian author" (en inglés). Consultado o 2023-10-16. 
  13. www.santiagodecompostela.gal http://www.santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=23403. Consultado o 2024-06-16.  Falta o |title= (Axuda)