Abrir o menú principal

Coordenadas: 25°4′S 130°6′O / -25.067, -130.100

Adamstown
Adamstown1.jpg
Vista de Adamstown
Localización
Map of Pitcairn Islands 2.png
PaísFlag of the United Kingdom.svg Reino Unido
Territorio Británico de UltramarFlag of the Pitcairn Islands.svg Illas Pitcairn
Xeografía
Altitude330 msnm
Superficie4,6 km²
Demografía
Poboación50 hab. (2019)
Densidade11 hab/km²
Outros datos
AlcaldeShawn Christian (2014)

Adamstown, é a capital e única poboación da illa de Pitcairn. Debe ao seu nome a John Adams, o último mariñeiro amotinado do Bounty en morrer. A economía da localidade depende da agricultura, pesca, venda de selos de correos e do turismo.

Visión xeralEditar

Adamstown ten unha poboación de 50 habitantes, que é toda a poboación das Illas Pitcairn. Todas as outras illas do grupo están deshabitadas. Adamstown é onde residen a maioría, mentres cultivan comida noutras zonas da illa.[1]

A aldea é a segunda capital máis pequena do mundo. Ten acceso a televisión, Internet por satélite, e un teléfono; con todo, o principal medio de comunicación segue sendo a radio en onda curta. Segundo Google Maps, a única rúa con nome na capital chámase "The Hill of Difficulty (O outeiro da dificultade).

A maioría dos habitantes son membros da Igrexa Adventista do Sétimo Día.

HistoriaEditar

A historia das Illas Pitcairn comeza co asentamento das illas por polinesios no século XI. Os polinesios estableceron unha cultura que floreceu durante catro séculos e logo desapareceu. Pitcairn repobouse de novo en 1790 por un grupo de amotinados británicos de HMS Bounty e Tahitíanos.

XeografíaEditar

Artigo principal: Xeografía das Illas Pitcairn.

O asentamento está situado no lado centro-norte da illa de Pitcairn, fronte ao Océano Pacífico e preto da baía de Bounty, o único porto marítimo da illa.

ClimaEditar

Adamstown ten un clima de selva tropical no sistema Clasificación climática de Köppen. A aldea presenta unha media de clima húmido e cálido e 1.700 mm de choiva ao ano. O mes máis húmido é xullo e as temperaturas non varían significativamente ao longo do ano.

Datos climáticos para Adamstown
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 31,7 32,4 33,3 30,7 29,1 31,3 26,7 26,7 25,7 27,2 27,6 29,3 33,3
Media máxima en °C 28 28 28 26 25 23 22 22 23 24 26 27 27,4
Media diaria en °C 25,0 25,5 25,0 23,5 22,5 21,0 20,0 20,0 20,5 21,0 22,5 24,0 22,54
Media mínima en °C 22 23 22 21 20 19 18 18 18 18 19 21 19,7
Temperatura mínima en °C 20 20 20 18 17 14 14 14 15 15 17 18 14
Chuvia media mm 120 140 120 155 130 155 150 125 140 135 120 165 1 655
Media de días con chuvia 14 13 13 12 11 11 11 12 12 13 14 14 150
Fonte: [2]

GaleríaEditar

NotasEditar

  1. www.lareau.org/pitc.html Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine. { {webarchive | url = https: //web.archive.org/web/20060725000352/http: //www.lareau.org/pitc.html | data = 25 de xullo de 2006}}
  2. "Climate - Pitcairn Islands". Consultado o 22 de setembro de 2018. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar