Adam Charles Clayton, nado o 13 de marzo de 1960, é un músico coñecido por ser o baixista da banda irlandesa de rock U2. Viviu no condado de Dublín dende que a súa familia se trasladou a Malahide en 1965, cando tiña cinco anos. Clayton é coñecido polo seu baixo en temas como "New Year's Day", "Bullet the Blue Sky", "With or Without You", "Mysterious Ways", "Get on Your Boots" e "Magnificent". O seu traballo en No Line on the Horizon foi citado como a súa mellor contribución ao baixo. Adam ten traballado tamén en varios proxectos en solitario ao longo da súa carreira, como o seu traballo co seu compañeiro Larry Mullen Jr. no tema da película de 1996 Mission: Impossible. Clayton, como parte de U2, leva gañados 22 premios Grammy.

Adam Clayton
Nome completoAdam Charles Clayton
Data nacemento13 de marzo de 1960 (64 anos)
Nado enChinnor, Oxfordshire Inglaterra
Ocupaciónbaixista e compositor de cancións
Instrumento(s)baixo, guitarra, sintetizadores, voz
Relacionado conU2, Automatic Baby, Passengers, Daniel Lanois, Little Steven
Tempo en activo1976 - actualidade
Na rede
IMDB: nm0165651 Allocine: 10188 Allmovie: p13552 IBDB: 507576
Facebook: Clayton-Adam-1106572166116370 Instagram: mr.adamclayton Musicbrainz: 1f52af22-0207-40ac-9a15-e5052bb670c2 Songkick: 2218678 Discogs: 280113 Allmusic: mn0000927039 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]