Ada Neretniece, nada en Leningrado en 1924 e finada en Riga en 2008, foi unha directora de cine letoa.

Infotaula de personaAda Neretniece
Biografía
Nacemento2 de xuño de 1924 Editar o valor em Wikidata
San Petersburgo, Rusia Editar o valor em Wikidata
Morte29 de decembro de 2008 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Riga, Letonia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaForest Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética
Letonia Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto Gerasimov de Cinematografía Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de cine Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1949 Editar o valor em Wikidata -

IMDB: nm0626173 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Ada Neretniece, nome de nacemento de Armidne Neretniece, foi a filla dun comisario militar letón, antigo soldado de infantaría lixeira durante a primeira guerra mundial, tralo que se adicou a diversas posicións administrativas até que en 1937 foi represaliado polo réxime soviético e deportado a Siberia. A nai de Ada traballou como contábel. Durante o comezo da Gran Guerra Patria Ada Neretniece traballou no Hospital militar de Kirov. En 1942 gradúase na Escola Secundaria de Leningrado No. 24. En 1949 pola Facultade de Cine e Televisión na especialización en Dirección dentro do Instituto dos Estados da Unión para a Cinematografía. Durante ese período recibe clase de Sergei Guerassimov e Tamara Makarova. É a partir de 1949 cando comeza a traballar no Riga Film Studio, até 1954 traballa como directora de curtametraxes de ficción e documentais. Foi en 1957 cando estrea a súa primeira longrametraxe, "Rita". A película resulta premiada no Festival de Kíiv no ano 1959.

A súa gran variedade de filmes explora, entre outros, desde os ocultamentos de perseguidos polo nazis, investigacións de asasinatos, dramas ou aventuras de supervivencia na tundra.

Ocasionalmente actuou nas súas propias longrametraxes.

Ada Neretniece foi soterrada no Cemiterio da Fraga de Riga.[1]

Filmografía editar

Longametraxes de ficción editar

  • 1957 — "Rita"
  • 1958 — "Svešiniece ciemā"
  • 1960 — "Tava laime"
  • 1961 — "Pieviltie"
  • 1963 — "Viņš dzīvs"
  • 1965 — "Hipokrāta zvērests"
  • 1966 — "Ciklons" sāksies naktī"
  • 1968 — "Ilgās dienas rīts"
  • 1970 — "Vārnu ielas republika"
  • 1972 — "Kapteinis Džeks"
  • 1974 — "Pirmā vasara"
  • 1976 — "Nāve zem buras"
  • 1978 — "Lielā Jaungada nakts"
  • 1981 — "Izmeklēšanā noskaidrots"
  • 1984 — "Pēdējā vizīte"
  • 1985 — "Pēdējā indulgence"
  • 1988 — "Zīlēšana uz jēra lāpstiņas"
  • 1991 — "Suns, kas mācēja dziedāt"
  • 1992 — "De Granšānu ģimenes noslēpumi"

Documentais editar

  • 1964 — "Pārliecinoši fakti"
  • 1969 — "Esiet sveicināti Latvijā!"

Longametraxes de encargo editar

  • 1963 — "Izniekotā jaunība"
  • 1963 — "Viņi ir jūsu draugi"
  • 1969 — "Latvijas PSR. Centrālais ekonomiskais rajons"

Segunda dirección editar

  • 1955 — "Uz jauno krastu"

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar