O adínaton (do grego adynaton: a "non" (alfa privativa) e dynatón "posible"; plural: adynata) é unha figura retórica de pensamento que encerra un paradoxo e se considera encadrada dentro da hipérbole. Consiste na mención de cousas imposibles, moitas veces en enumeracións.

Exemplo editar

Eu nom foy homem de siso
u m'as promessas faziam,
duvidando ca verria[m];
e entolha-xe-me riso
de que o foy duvidando:
poys ja sey que verram quando
for Judas no Paraiso.