Actors Theatre of Louisville

(Redirección desde «Actor's Theatre of Louisville»)

Coordenadas: 38°15′23″N 85°45′20″O / 38.2564, -85.7555

Actor's Theatre of Louisville é un theatro que se atopa no barrio Downtown da cidade de Louisville, en Kentucky. Fundado no ano 1964 polo produtor local Richard Block e o actor Ken Jenkins e deseñado en 1974 como Teatro do Estado de Kentucky, funciona como unha asociación sen ánimo de lucro.

Actors Theatre of Louisville
316 West Main St. Louisville, Kentucky

O edificio que alberga o teatro provén da reunión de dous edificios antigos:o Old Bank of Louisville que é un National Historic Landmark e o inmoble Myers-Thompson Display.[1] Cada primavera, o teatro acolle o festival internacional Humana Festival of New American Plays que presenta ó público talentos mozos dende 1976. Cada ano, fanse máis de 600 representacións en 30 producións clásicas ou contemporáneas. O teatro tamén ofrece clases para afeccionados e profesionais.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar