Bilurico bailón

(Redirección desde «Actitis hypoleucos»)
Bilurico bailón

Bilurico bailón en Tailandia.


Son do bilurico bailón.

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
Superorde: Neoaves
Orde: Charadriiformes
Suborde: Scolopaci
Familia: Scolopacidae
Xénero: Actitis
Especie: A. hypoleucos
Nome binomial
Actitis hypoleucos
(Linnaeus, 1758)
Sinonimia

Tringa hypoleucos Linnaeus, 1758

O bilurico bailón[2] ou bilurico das rochas (Actitis hypoleucos) é unha ave limícola de tamaño pequeno. É unha das aves incluídas no Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias de África e Eurasia (AEWA).

Descrición editar

Os exemplares adultos miden ata 22 cm. de lonxitude e teñen unha envergadura de ás de entre 32 e 35 cm. Pesan de 40 a 80 gramos. Teñen a parte superior do corpo acastañada, e a inferior abrancazada. Os ollos son negros e as patas, relativamente curtas, oliváceas. O bico é de tamaño mediano, coa base pálida e a punta negra, e unha lista ocular escura. Machos e femias son semellantes. Os individuos novos son barrados na parte inferior do corpo e as beiras das plumas das ás son da cor do ante.

Coa especie irmá americana, o bilurico maculado (A. macularia) forma o xénero Actitis. As dúas especies ocupan zonas xeográficas complementarias. Nos casos en que algún individuo extraviado dunha das dúas especies aparece no territorio da outra poden producirse hibridacións, feito que tamén foi testemuñado entre o bilurico bailón e o bilurico alinegro (Tringa ochropus).

Voan a pouca distancia da auga cun voo rápido e uniforme. Poden nadar e mergullarse durante uns 20 segundos ata un metro de profundidade. Non son aves gregarias polo que é raro velas formar grandes bandos.

Distribución e hábitat editar

Crían en Asia e en case toda Europa (agás en Islandia). En Europa están presentes entre abril e outubro e crían preto de ríos e regos pero tamén ás veces en zonas de augas estancadas.

Os seus cuarteis de inverno comprenden dende a cunca do Mediterráneo ata Suráfrica, o sur de Asia e Australasia.

Alimentación editar

Aliméntanse de insectos e arañas e inclúen tamén na súa dieta crustáceos e moluscos pequenos, que apañan das augas superficiais co bico. Poden cazar insectos en voo.

Reprodución editar

A súa época reprodutora vai de maio a agosto. O niño é unha cinca no chan cuberta con anacos de plantas. Constrúeno en illas ou preto da beira da auga, agochado na vexetación mesta. Poñen de media catro ovos, duns 35 mm. de lonxitude, que chocan por quendas os dous membros da parella unhas tres semanas.

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar