Acropomátidos

(Redirixido desde "Acropomatidae")

Os Acropomátidos (Acropomatidae) son unha familia de peixes mariños teleósteos, incluída na orde Perciformes. Están distribuídos por tódolos océanos de augas temperadas do Atlántico, Índico e Pacífico.

Synagrops bellus

CaracterísticasEditar

Son peixes de tamaño xeralmente pequeno. Teñen dúas aletas dorsais, a primeira con 7 a 10 espiñas, a segunda con ou sen espiñas e 8 a 10 raios brandos; a aleta anal ten 2 ou 3 espiñas e 7-9 raios brandos; as aletas pelvianas unha espiña e 5 raios brandos; caudal furcada. No opérculo aparecen dúas espiñas redondeadas. Liña lateral completa e continua.

As especies do xénero Acropoma teñen órganos luminiscentes.

ClasificaciónEditar

Divídense en oito xéneros e 33 especies:

  • Xénero Acropoma (Temminck y Schlegel, 1843)
  • Xénero Apogonops (Ogilby, 1896)
  • Xénero Doederleinia (Steindachner en Steindachner y Döderlein, 1883)
  • Xénero Malakichthys (Döderlein en Steindachner y Döderlein, 1883)
  • Xénero Neoscombrops (Gilchrist, 1922)
  • Xénero Pseudohowella (Fedoryako, 1976)
  • Xénero Synagrops (Günther, 1887)
  • Xénero Verilus (Poey, 1860)

Ademais dun xénero fósil extinguido: Acropomatidarum

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar