Aconceyamientu de Xuristes pol Asturianu
Aconceyamientu de Xuristes pol Asturianu, ou abreviadamente AXA, é unha asociación fundada o 25 de maio de 2006 constituída formalmente en Oviedo, coa sinatura da acta fundacional e a solicitude de asentamento no Rexistro de Asociacións do Principado de Asturias.[1]
Creouse co obxectivo de traballar de xeito desinteresado pola supresión dos obstáculos que ten o emprego da lingua asturiana para a actividade profesional dos xuristas, partindo dende estes principios:
- A dignidade institucional de Asturias -a dignidade de todos os asturianos-, dende que a lingua reciba o mesmo trato que as linguas propias doutras Comunidades Autónomas españolas.
- Todos os poderes públicos están obrigados a cumprir legalmente cos mandados recollidos nos artigos 3.2, 9.2 e 14 da Constitución Española e no artigo 2 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, á luz dos tratados, convenios, pactos, convencións, resolucións, informes, declaracións e sentenzas que as interpretan.[1][2]
- Todos os poderes públicos asentados en Asturias están obrigados a cumprir legalmente cos mandados recollidos no artigo 4 do Estatuto de Autonomía e a Lei 1/1998, de 23 de marzo, de Utilización e Promoción do bable ou asturiano.[1]
- Os asinantes do "Plan para a Normalización Social do Asturiano 2005-2007", están obrigados a cumprir legalmente os seus compromisos.[1]
Organización interna
editarO órgano de goberno é o que se amosa a continuación:[Cómpre referencia]
Xunta directiva
editar- Presidente: Xosé María Estrada Janáriz. Letrado do Servizo Xurídico do Principado de Asturias.[1]
- Vicepresidente: Xosé Manuel Pérez Fernández, Profesor Titular de Dereito Administrativo da Universidade de Oviedo.
- Secretario: Xurde Blanco Puente, Letrado do Servizo Xurídico do Principado de Asturias.[2]
- Secretaría: Yolanda González Huergo, licenciada en Dereito e traballa na Administración Pública Municipal e Xesús Xabiel Álvarez Vila licenciado en Dereito e traballador da Administración Pública Autonómica.
- Tesoureiro: Xilberto Maire Fernández. Avogado - Ilustre Colexio de Avogados de Oviedo.
- Vogal: Xosé Lluis del Río Fernández. Avogado - Ilustre Colexio de Avogados de Oviedo.
Grupos de traballo
editar- Administracións Públicas, Universidade e Ensino
- Coordinador: Xosé Manuel Pérez Fernández.
- Membros: Xurde Blanco Puente, Yolanda González Huergo e Xosé María Estrada Janáriz.
- Procedementos
- Coordinador: Xurde Blanco Puente.
- Membros: Xosé María Estrada Janáriz, Xilberto Maire Fernández e Xosé Lluis del Río Fernández.
- Mediación
- Coordinador: Xosé María Estrada Janáriz.
- Membros: Xurde Blanco Puente, Xesús Xabiel Álvarez Vila, Yolanda González Huergo e Inaciu Igrexas Fernández.
- Concello de Estudos Xurídicos El Escaliu
- Coordinadora: Amable Concha González.
- Membros: Xosé Lluis del Río Fernández, Xurde Blanco Puente e Xaviel Vilareyo y Villamil.
- Informática, edición electrónica e documentación
- Responsables: Xosé Lluis del Río Fernández e Yolanda González Huergo.
- Prensa
- Voceiros: Xurde Blanco Puente e Yolanda González Huergo.
Partes de traballo
editarObservatorio de dereitos lingüísticos (ODLL)
editarO Observatorio de Dereitos Lingüísticos (ODLL), é un proxecto promovido por AXA que tenta mirar polos dereitos lingüísticos dos cidadáns e cidadás falantes de asturiano e de galego-asturiano, encamiñando a súa actividade a garantir eses dereitos, tanto no eido público como no privado, de xeito desinteresado e con neutralidade e independencia de calquera outra institución pública ou privada.[3]
Realízanse estudos e prepáranse informes sobre a situación de respecto ou conciliación dos dereitos lingüísticos en Asturias, presentando ante a sociedade asturiana e ante as institucións asturianas e internacionais, co fin de dar a coñecer a situación de discriminación lingüística que poden padecer os asturianos, organizando modos de presión para que os dereitos fundamentais dos falantes sexan respectados, como é o caso da agonía dunha lingua europea, unha denuncia enviada ó Comité Europeo para as Linguas Rexionais ou Minoritarias do Consello de Europa, en asturiano, inglés e castelán.[3]
Realizan tamén un labor pedagóxico no que se invoca ó coñecemento e difusión dos dereitos lingüísticos que lles corresponden ós falantes, a entender o dereito que teñen os cidadáns asturianos sobre a súa propia lingua e a desenvolverse con normalidade na súa vida cotiá.[3]
Traballa ademais, de maneira proactiva para que as empresas, asociacións, organizacións e institucións superiores da sociedade asturiana, utilicen a lingua propia, favorecendo desta maneira a súa normalización social, como na Reclamación ante a empresa Tee Atlas Map Insight (empresa encargada de ilustrar mapas en Google Maps).[3]
El Escaliu
editarO Concello de Estudos Xurídicos El Escaliu toma o seu nome dunha vella institución xurídica asturiana documentada xa dende o século IX que consistía no desbrave e cultivo da terra deserta. El Escaliu constituíuse como un dos Grupos de Traballo da Reunión de Xuristas polo Asturiano e dende el, quere achegarse á realidade asturiana dende unha perspectiva xurídica, coa vista posta no futuro. El Escaliu é un lugar de estudo e encontro no que se achegan reflexións, propostas e iniciativas no eido xurídico, un lugar para amosar ideas e a concreción de actuacións a pequena escala que, en consonancia coas posibilidades do AXA, sexan quen cambie as realidades concretas.[4]
Entre os fins de El Escaliu atópanse:
O estudo, divulgación e investigación dos recursos xurídicos de Asturias, comprendendo:
- As Institucións de Dereito Público asturianas e o afondamento e consolidación da autonomía política de Asturias, sosténdose para iso na propia entidade e especificidade xurídico-política do país; mirando de achegarse así ó coñecemento da historia destas Institucións, a súa pervivencia e proxección; procurando o seu desenvolvemento e evolución, encadrando ese estudo no sistema de integración política-administrativa a nivel estatal, europeo e internacional, tendo especial coidado de atender a tradicional vocación atlántica asturiana.
- As Institucións de Dereito Civil asturianas e a posta ao día delas.
- A contribución ó fomento e promoción do desenvolvemento económico, social e cultural de Asturias a través do estudo e a proposta de posta en funcionamento das posibilidades das súas institucións xurídicas.
- A achega de propostas, opinións e iniciativas no eido xurídico que sirvan ó desenvolvemento económico, social ou cultural de Asturias.
- A promoción do diálogo e o intercambio de opinións a través de concellos e debates do eido xurídico.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Asturies.com (6 de febreiro de 2007). "Aconceyamientu de Xuristes pol Asturianu" (en asturiano). Consultado o 6 de febreiro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 "Aconceyamientu de Xuristes pol Asturianu denuncia la discriminación del asturianu na Constitución Española" (en asturiano). Astur News. Diario Cultural Asturiano. 6 de febreiro de 2007. Consultado o 6 de febreiro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Astur News (20 de xaneiro de 2007). "LAconceyamientu de Xuristes pol Asturianu presenta una páxina web enllena de conteníos xurídicos" (en asturiano). Consultado o 6 de febreiro de 2017.
- ↑ Xuristes. "Conceyu d'estudios xurídicos L'Escaliu" (en asturiano). Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2017. Consultado o 6 de febreiro de 2017.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Xuristes.as Sitio web de AXA con información xurídica.