Aceleración por hardware

En informática, a aceleración por hardware é o uso do hardware para realizar algunha función máis rápido do que é posible usando software executándose nunha CPU de propósito xeral. Exemplos de aceleración por hardware inclúen aceleración da funcionalidade de Bit blit en GPUs e instrucións para operacións complexas en CPUs.

Un acelerador gráfico.

O hardware que realiza a aceleración, cando se atopa nunha unidade separada da CPU, é denominado acelerador por hardware, ou a miúdo máis especificamente como un acelerador gráfico ou Unidade de Punto Flotante etc. Estes termos, con todo, son antigos e vanse substituíndo por termos menos descritivos como "placa de vídeo" ou "placa gráfica".

Véxase tamén

editar