Accidentes nucleares de Fukushima I
Os accidentes nucleares de Fukushima I comprenden unha serie de explosións nos edificios que albergan os reactores nucleares, fallos nos sistemas de refrixeración ou liberación de radiación á atmosfera, rexistrados nas instalacións da central nuclear de Fukushima I, que está localizado nos concellos de Ōkuma e de Futaba no distrito de Futaba na prefectura de Fukushima, a consecuencia dos danos ocasionados polo terremoto, e posterior tsunami, que afectou o nordés do Xapón o 11 de marzo de 2011.
Accidentes nucleares de Fukushima I | |
---|---|
![]() | |
Tipo | desastre nuclear ![]() |
Parte de | Aftermath of the 2011 Tōhoku earthquake and tsunami (en) ![]() ![]() |
Historia | timeline of the Fukushima Daiichi nuclear disaster (en) ![]() ![]() ![]() |
Data | |
Data | 11 de marzo de 2011 ![]() |
Comezo | 11 de marzo de 2011 ![]() |
Características | |
Causado por | Terremoto e tsunami de Sendai de 2011 ![]() |
Causa de | discharge of radioactive water of the Fukushima Daiichi Nuclear Power Plant (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
No implicados | |
No mortes | 1 ![]() |
Localización | |
Localización | Central Nuclear de Fukushima I (pt) ![]() ![]() |
Situado en | Ōkuma (pt) ![]() ![]() |
País | Xapón ![]() |
Contacto | |
Páxina WEB | tepco.co.jp… ![]() |
[ Wikidata ] |

Causas
editarHai evidencias dunha fusión parcial do núcleo nos reactores 1, 2 e 3; producíronse explosións que destruíron o revestimento superior de hidróxeno dos edificios de aloxamento dos reactores 1, 3 e 4; unha explosión damnificou o confinamento dentro do reactor 2; e múltiplos incendios producíronse no reactor 4. Alén diso, as barras de combustíbel almacenado en piscinas de combustíbel irradiado das unidades 1-4 comezaron a sobrequentar os niveis de auga nas piscinas abandonadas.
Os traballadores da fábrica sufriron exposición á radiación e foron temporalmente evacuados en varios momentos. O 11 de abril de 2011 as autoridades xaponesas designaron a magnitude do perigo nos reactores 1, 2 e 3 no nivel 7, considerando que a escala vai do 1 ao 7 na Escala Internacional de Accidentes Nucleares (INES).[1] A enerxía foi restaurada para partes da central nuclear o 20 de marzo, mais máquinas damnificadas por inundacións, incendios e explosións permaneceron inoperantes.[2]
Notas
editar- ↑ "Japan earthquake: Fukushima nuclear alert level raised". BBC News (en inglés). 2011-03-18. Consultado o 2025-03-13.
- ↑ Stricken Reactors May Get Power Sunday, The Wall Street Journal, 19 de marzo de 2011.