Academia de l'Aragonés

(Redirección desde «Academia do aragonés»)

A Academia de l'Aragonés (Academia do Aragonés en lingua aragonesa) é unha asociación cultural creada o 15 de xullo de 2006 polo II Congreso de l'Aragonés co fin de ser a autoridade lingüística do aragonés. Na actualidade carece de recoñecemento explícito polo Goberno de Aragón, sendo a súa forma xurídica a dunha asociación cultural baixo o nome Estudio de Filología Aragonesa, pero é coñecida por todos como 'Academia de l'Aragonés'. Ten a súa sede en Samianigo (Huesca). En novembro de 2010 presentou unha Proposta de Ortografía para a lingua aragonesa[1].

Obxectivos da Academia editar

Os obxectivos da Academia, segundos as ordenanzas emanadas do dito congreso, son:

  • Investigar todas as manifestacións orais e escritas do aragonés.
  • Achegar e actualizar o seu léxico.
  • Fixar a súa toponimia e onomástica.
  • Investigar e formular normas ortográficas, gramaticais e fonéticas para todas as modalidades do aragonés.
  • Fixar, desenvolver e mellorar a modalidade estándar.
  • Procurar o respecto dos dereitos lingüísticos dos seus falantes.

O seu primeiro consello de goberno provisorio estivo presidido por José Lera. O primeiro pleno celebrouse o 28 de outubro de 2006 na Deputación Provincial de Zaragoza, estabelecéndose así un novo consello de goberno para a Academia, elixido consonte as ordenanzas, con Manuel Castán como presidente.

Membros da Academia editar

A lista actual de membros da Academia de l'Aragonés é a que segue:

Académicos de Honra editar

O 14 de maio de 2007, a Academia de l'Aragonés, reunida en sesión extraordinaria, nomeou os seus cinco primeiros académicos de Honra, que foron homenaxeados o 24 de novembro de 2007 na sede do Goberno de Aragón. Esta lista foi ampliada o 12 de abril de 2008, coa proclamación como académico de Honra de Michael Metzeltin, catedrático de Lingüística e Didáctica das Linguas Románicas da Universidade de Viena. Os académicos de Honra son:

Fenecidos editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar