Abrir o menú principal

A Academia de Artes Escénicas de Praga (en checo Akademie múzických umění v Praze) é unha universidade destinada ao estudo das diferentes artes interpretativas situada na cidade de Praga (República Checa). As especialidades presentes na universidade son música, danza, teatro, cine, televisión e estudos multimedia.

Akademie múzických umění v Praze
Academia de Artes Performativas de Praga
BUDOVA FAMU.jpg
Facultade de Cinema.
Datos xerais
LocalizaciónPraga, República Checa República Checa
Datos actuais
ReitorMiloslav Klíma (reitor interino)
Alumnos1 457 (2011)
Datos de contacto
Páxina webhttp://www.amu.cz/

Índice

HistoriaEditar

Foi fundada en 1945 polo impulso de numerosos artistas checos coñecidos como a primeira escola de arte en Checoslovaquia, a Academia converteuse rápidamente nunha prestixiosa escola[1].

Actualmente acolle os departamentos de Composición, Dirección, Danza e Interpretación teatral anteriormente atribuídos.

FacultadesEditar

 
Facultade de Teatro.

A Academia de Artes Performativas conta na actualidade coas seguintes tres facultades:

  • Cinema e TV - FAMU
  • Facultade de Música (en checo Hudební fakulta Akademie múzických umění v Praze) - HAMU
HAMU é unha escola de nivel profesional en Europa. Está situada no centro histórico de Praga. Foi fundada en 1946 polo Presidente Eduard Beneš como unha das tres facultades da Academia de Artes Performativas.
  • Facultade de Teatro - DAMU

Mestres destacadosEditar

 
Facultade de Música.

Alumnos destacadosEditar

NotasEditar

  1. "Site internet de l'Académie tchèque des arts musicaux: Histoire". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2007. Consultado o 17 de outubro de 2012. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar