Academia Europea de Filatelia

A Academia Europea de Filatelia (Académie Européenne de Philatélie) fundouse en 1977 como Academia de Estudos Postais pola iniciativa de Jean Storch, en 1988 adoptou o nome de Academia Europea de Estudos Filatélicos e Postais.

Na academia participan especialistas en filatelia, marcofilia, maxilofilia e cartofilia máis tamén comerciantes, editores de catálogos e revistas filatélicas e presidentes de federacións filatélicas de Europa.

Nun primeiro momento formaron a Academia 24 membros, a maioría franceses, actualmente son 270 membros. Dirixe a AEF un Consello de Administración de 15 persoas. As linguas oficiais da AEF son o francés e o inglés. O seu primeiro presidente foi Robert Françon ata a súa morte en 1999. Sucedeuno Jean-Pierre Mangin e durante o seu mandato, en xaneiro de 2000, adoptou o nome actual. A súa sede social está no Musée de la Poste, París e publica o boletín trimestral Trait d'Union e o anuario Opus.

Entre os seus membros figura o galego Francisco Javier Padín Vaamonde

Ligazóns externasEditar