Abstención

rexeitamento á e exercer o dereito ao voto

En política, a abstención[1] é unha das opcións ou posicións posíbeis na que se encadrar perante un escenario de toma de decisións, coma pode ser un referendo ou unha votación. Quen practica a abstención non emite a súa opinión en forma de voto. Ten certos paralelismos co voto en branco, aínda que non son o mesmo. Ás veces o carácter político a abstención aparece reforzado se é precisa unha determinada porcentaxe de votantes sobre o total do corpo electoral para validar o resultado.[2]

Logotipo abstencionista.

Nunhas eleccións considéranse "abstencionistas" aqueles electores que non acoden ás urnas. Este tipo de abstención denomínase abstención pasiva. Considérase, en troques, abstención activa á suma de votantes que emiten votos en branco e nulos, aínda que en ocasións se propugna a non participación nunha consulta popular como unha postura política de protesta, cuxos partidarios considerarán polo tanto activa toda a abstención que se produza. Dependendo das lexislacións de cada estado, o abstencionismo pode ser legal -como no Estado español- ou ben unha falta puníbel.

Para os membros dun Parlamento (deputados ou senadores) a abstención e o voto en branco son equivalentes, mentres que a non comparecencia ten distintos efectos, posto que, dependendo do regulamento, pode alterar o quórum e o cálculo das maiorías.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Abstención.
  2. Italia: resultados de referéndum ponen en aprietos a Berlusconi Arquivado 19 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., nova en El Comercio de Perú o 13 de xuño de 2011 (en castelán).

 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.