Abella de la Conca

Abella de la Conca é unha vila e concello da comarca do Pallars Jussà, na provincia de Lleida, Cataluña. O concello sitúase na ribeira oriental da conca de Tremp. Comprende os altos vales do río de Abella, afluente do río Conques no seu marxe dereito, e do río de Rams. O val deste último atópase casetonado entre as serras de Boumort e de Carreu. Ademais da conca de Tremp, tamén comprende un sector do val do río de Puials. Unha parte das casas da vila atópanse semiescavadas na rocha.

Modelo:Xeografía políticaAbella de la Conca
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°09′42″N 1°05′31″L / 42.161566, 1.092022Coordenadas: 42°09′42″N 1°05′31″L / 42.161566, 1.092022
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
ProvinciaProvincia de Lleida
ComarcaPallars Jussà Editar o valor em Wikidata
CapitalAbella de la Conca (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación167 (2023) Editar o valor em Wikidata (2,13 hab./km²)
Número de fogares28 (1553) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie78,3 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porEl Rialb (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude956 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación2007 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Mayor of Abella (en) Traducir Editar o valor em WikidataJulià Sala Monsó (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal25651 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico973 Editar o valor em Wikidata
Código INE25001 Editar o valor em Wikidata
Código territorial IDESCAT250019 Editar o valor em Wikidata

Páxina webabellaconca.ddl.net Editar o valor em Wikidata

Etimoloxía editar

Con respecto á primeira parte do topónimo, o nome do pobo procede do nome do animal. Sería, polo tanto, un topónimo románico, procedente do latín tardío apicula. Non obstante, podería tratarse da asimilación por similitude ao latín dun nome anterior, prerromano.

Joan Coromines dá outra versión, en parte semellante: nos lugares onde as primitivas vivendas estaban nos buratos das rochas, como os que hai no Burato de Abella ou na zona das Grutas dos lavadoiros, teríase producido un símil coas colmeas das abellas, e desta comparación viría o nome da poboación de Abella de la Conca.

Tamén hai outra teoría de que o nome de Abella ven do árabe: al balda (o pobo). Este caso parece máis improbábel, dado que esta palabra árabe deu nomes como Albelda, que se conservan case sen transformación.

A segunda parte é pola súa pertenza á Conca Dellà, aínda que xenericamente tamén se asocia coa Conca de Tremp.

Xeografía editar

O termo municipal, cunha extensión de 78,27 Km², non é en absoluto dos máis extensos da bisbarra, aínda que supera a media catalá. Ocupa un territorio irregular, tanto con respecto á súa orografía coma polo que respecta ás concas hidrográficas.

Trátase de tres vales abondo diferenciados, aínda que unha delas, o val de Carreu, practicamente pasa desapercibida porque permanece lonxe dos accesos motorizados e está absolutamente despoboada na actualidade. Ademais, o seu mellor acceso é dende Pessonada, que pertence ao termo municipal de Conca de Dalt. As outras dúas, o val de Abella e o val de Bóixols están centrados nos dous pobos do termo: Abella e Bóixols. O terceiro pobo, ata fai ben pouco habitado, La Rua, así como a antiga caseria de Faidella, pertence ao val de Bóixols, mentres que La Torre d'Eroles, actualmente despoboado, na de Abella.

Demografía editar

O concello, que ten unha superficie de 78,21 km², conta, segundo o padrón municipal para 2013 do INE, con 165 habitantes e unha densidade de 2,11 hab./km².

Poboación do Concello de Abella de la Conca (1842 - 2013)
1842 1877 1887 1897 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011 2013
120 1053 1145 914 859 639 717 551 575 487 394 281 184 164 179 172 165

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar