Abelardo Moralejo

latinista e lingüista español
(Redirección desde «Abelardo Moralejo Lasso»)

Abelardo Moralejo Laso, nado en Argujillo (Zamora) o 28 de xaneiro de 1898 e finado en Santiago de Compostela o 10 de abril de 1983, foi un latinista e lingüista de orixe zamorana especializado e destacado, entre outros aspectos, no estudo da toponimia de Galicia.

Modelo:BiografíaAbelardo Moralejo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xaneiro de 1898 Editar o valor en Wikidata
provincia de Zamora, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de abril de 1983 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista, profesor universitario, latinista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosJuan José Moralejo, José Luis Moralejo, Serafín Moralejo Editar o valor en Wikidata

BNE: XX912844 BUSC: moralejo-laso-abelardo-1898-1983 Dialnet: 48001

Traxectoria

editar
 
Membros do SEG en 1928. De esq. a d. De pé: Otero Pedrayo, Losada, López Cuevillas, Risco, Carballo Calero, Filgueira Valverde, García Paz, Pintos Fonseca, Fraguas e Fernández Osorio-Tafall. Sentados: Parga Pondal, Moralejo Laso, Carro, Cabeza de León, Arias Sanjurjo, Álvarez Limeses e Novás.

Estudou o bacharelato en Zamora, e ingresou logo na Universidade de Salamanca, onde iniciou estudos na facultade de Filosofía e Letras, onde tivo como profesor a Miguel de Unamuno e onde obtivo a licenciatura en 1921. Pasou entón á Universidade Central de Madrid para realizar o doutoramento, á vez que ampliaba estudos e colaboraba co Centro de Estudios Históricos que dirixía Ramón Menéndez Pidal. Durante certo tempo foi incorporado ao exército e serviu durante o período da Guerra de Marrocos. En 1926 presentou a tese doutoral, dirixida polo profesor e académico Julio Cejador, que versaba sobre as oclusivas sonoras aspiradas do latín. Nese mesmo ano opositou a cátedras universitarias de latín, e obtivo a correspondente á Universidade de Santiago de Compostela, da que tomou posesión a comezos de 1927.

Abelardo Moralejo estivo durante o resto da súa vida laboral a cargo desa cátedra. A súa condición de profesor numerario residente, en anos en que era corrente usar o posto en Santiago como trampolín para optar a outros destinos, fixo que estivese case sempre en cargos, como decano ou secretario da facultade de Filosofía e Letras, ou ben noutros cargos directivos da universidade. Outras carencias, como a de profesorado especializado, levárono a impartir clases de materias que estaban nos programas de estudos, pero que non eran da súa especialidade, aínda que as coñecese ben, como podía ser lingua árabe.

Moralejo Laso xubilouse no ano 1968, aínda que, precisamente, publicou a partir dese momento con maior frecuencia. O campo de investigación de Abelardo Moralejo era a lingüística, mais dentro dela os seus estudos ramifícanse, grosso modo, entre a lingüística clásica e a romance, e dentro desta cómpre destacar o desenvolvemento do estudo da investigación da toponimia galega e leonesa. Pero os seus traballos poden espallarse a outros campos: indoeuropeo, literatura, o mundo xacobeo, traducións etc. Foi pai dunha esplendorosa pléiade de profesores e investigadores universitarios en diversos campos: os filólogos José Luís e Juan José e o historiador da arte Serafín, todos apelidados Moralejo Álvarez.

  • Las oclusivas sonoras aspiradas en latín (Madrid: Hernando, 1926) - tese de doutoramento.
  • Los nombre propios personales con referencia a los españoles principalmente (Santiago: Universidade de Santiago, 1933).
  • Toponimia gallega y leonesa. Santiago de Compostela. Pico Sacro. 1977, 382 páxs - ISBN 84-85170-20-2 , recolle artigos publicados con anterioridade. O autor figura como Abelardo Moralejo Lasso, con dobre s.

Traducións

editar
  • En colaboración con Casimiro Torres e Julio Feo García, Liber Sancti Jacobi Codex Calixtinus. Santiago. Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos. 1951, 646 páxs, hai reedición a cargo de Xesús Carro Otero, 1992 ISBN 84-453-0564-6
  • Walter Porzig, El maravillos mundo del lenguaje: problemas, métodos y resultados de la lingüística moderna. Madrid. Gredos. 1964, 507 páxs, reeditado varias veces (título orixinal: Das Wunder der Sprache).
  • Leo Pollmann, La épica en las literaturas románicas: pérdidas y cambios. Planeta. Barcelona. 1973 (título orixinal Das Epos in den romanischen Literaturen: Verlust und Wandlungen).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • In Memoriam D. Abelardo Moralejo Laso, na revista Verba nº 11, 1984.
  • Necrolóxica por dous dos seus fillos na revista Estudos Clásicos, t. XXV, Madrid, 1981-83.

Outros artigos

editar