Abelard Saragossà

Abelard Saragossà, nado en Silla, Horta Sud, en 1954, é un filólogo valenciano e profesor do Departamento de Filoloxía Catalá da Universidade de Valencia.

Abelard Saragossà
Nacemento1954
Lugar de nacementoSilla
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónprofesor universitario
PremiosPorrot d'Honor de les Lletres Valencianes
Na rede
Dialnet: 294189
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Editou varias obras entre as que cómpre citar a Gramàtica Valenciana raonada i popular ou Passat, present i futur de les Normes ortogràfiques de Castelló (1932). Obtivo o Premio de Ensaio 2006 da Generalitat valenciana na modalidade de Ensaio en valenciano polo seu traballo "Reivindicació científica del valencià". Trata dunha obra onde o autor sostén como tese a necesidade de achegar o valenciano popular, en gran medida construído polos usuarios da lingua, co culto e científico, que se cultiva en ámbitos universitarios, cultos e científicos, ao tempo que é reivindicada unha actitude por parte dos valencianos de amor pola súa lingua propia, pola cultura histórica que lle é inherente e polas peculiaridades que, ao longo dos séculos, fora xerando.

Colaborador da revista Saó. Abelard foi un dos gramáticos valencianos que defendeu a dobre denominación valenciano/catalán xunto con outros filólogos valencianos como Jordi Colomina. Escribiu varios artigos como o da concordancia do participio na revista Llengua Nacional, onde defende a necesidade de facer sistematicamente a concordancia do feminino singular, posto que cando apostrofar, o artigo deixa de explicitar o xénero, pero é xustamente o participio o elemento que pasa a explicitalo.

Obras editar

  • Criteris de la normativa: l'ortografia contemporània, uns quants problemes actuals, Valencia, Saó, 1997, 316 p.
  • Passat, present i futur de les Normes ortogràfiques de Castelló (1932), Valencia: Saó, 1998
  • Problemes bàsics de la teoria sintàctica generativista (1957-1986), Valencia: Universitat de Valencia, 1992, 304 p.
  • Els predicatius i les categories sintàctiques, Universitat de València, València, 1994, 243 p.
  • El valencià del futur, Benicarló, Alambor, [2000], 2002, segunda edición, 206 p.
  • Gramàtica valenciana raonada i popular: els fonaments, Tabarca Llibres, 2005, 336 p.
  • Reivindicació del valencià: una contribució. València, Tabarca Llibres, 2007 (1a edición, 2006), 322 p.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar