Abbottabad

Coordenadas: 34°9′21″N 73°13′10″L / 34.15583, -73.21944

Abbottabad é unha cidade de Paquistán, duns 150 000 habitantes. Está no distrito de Abbottabad, na provincia da Fronteira Noroeste. A lingua da cidade é o hindko.

Abbottabad
ایبٹ آباد
Abbottabad View.JPG
Localización
Abbottabad en Paquistán
Abbottabad
Abbottabad
PaísPaquistán Paquistán
ProvinciaKhyber Pakhtunkhwa
DistritoAbbottabad
Xeografía
Altitude1 256 msnm
Demografía
Poboación148 587 hab. (2010)
Outros datos
Páxina oficial de Abbottabad

A cidade debe o seu nome ao Maior James Abbott, que se asentou aquí no 1853 despois da anexión do Punjab polos británicos, establecendo o cuartel Xeral dunha brigada da segunda división do exército do norte británico.

O domingo 1 de maio de 2011 o presidente dos EUA Barack Obama anunciou que o líder de Al Qaida Osama bin Laden morreu nunha operación militar realizada por forzas especiais do exército dos EUA nun luxoso complexo residencial preto da cidade de Abbottabad onde estaba agochado coa súa familia.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.